Floreros ante un espejo
Folla técnica
Procede das incautacións realizadas durante a Guerra Civil (1936--1939). O 15 do 10 de 1941 entrégase ao Museo de Belas Artes, segundo consta nun recibo da Comisaría Xeral do Patrimonio Artístico. Por O.M. 19-12-1941 ingresa no Museo en calidade de Depósito. O 21-04-1942 deposítase para a súa custodia temporal no Concello da Coruña. O 16 de agosto de 1946 ten lugar a entrega da obra por parte do Concello ao Museo Provincial de Belas Artes. Por medio do Decreto 10 de outubro de 1963 Nº 2527/63 a obra declárase propiedade do Estado.
EXPOSICIÓNS:EXPOSICIONES:
Ano 1935: Floreros y bodegones de la pintura española, Sociedad Española de Amigos del Arte, Madrid.(dato en, Cat. Exposición Colecc. Banco Hispano Americano, Madrid, 1990, p. 50.)
Ano 1975: El Siglo de Oro español. Petit Palais, París, Ministerio de AA.EE. y de Educación y Ciencia, 15 do outubro ó 31 de cecembro.
Ano 1976: The Golden Age of Spanish painting. Royal Academy of Arts, Londres, Ministerio de AA.EE y de Educación y Ciencia, 10 de xaneiro ó 14 de marzo.
Ano 1976: La peinture espagnole du siècle dór. De Greco a Velázquez. Petit Palais, París, 22 de Marzo al 20 de Junio. Cat. nº 3.
Ano 1976: Spanish master in Stockholm. Cat. Exposición, p. 212.
Ano 1978: Don Antonio de Pereda y la pintura madrileña de su tiempo. Dirección General de Patrimonio Artístico, Sala de Exposiciones del Palacio de Bibliotecas y Museos. novembro - decembro.
Ano 1981: 400 años de pintura española, Museo de Bellas Artes, Caracas, Dirección General de BB.AA, febreiro - abril.
Ano 1983: Pintura española de bodegones y floreros de 1600 a Goya, Dirección General de BB. AA, Salas de Eposiciones del Palacio de Bibliotecas y Museos, 20 de outubro ó 23 de decembro.
Ano 1984: El Hilo de Ariadna, Palau Moja, Barcelona, maio - xuño
Ano 1985: Pintura española del Siglo de Oro, Seibum Museum, Tokio, septiembre-octubre 1985, y Osaka (Japón), outubro - novembro
Ano 1987: Colección Grupo Banco Hispano Americano. Renacimeirnto y Barroco, Museo de Santa Cruz, Toledo, 9 abril - 31 maio
Ano 1992: Bodegones españoles. Museo Nacional de Arte Occidental de Tokyo, 10 Febrero-Mayo. Itinera al Museo de Arte de Nagoya (Japón). Centro N. de Exposiciones, Ministerio de Cultura. Cat. nº 36.
Ano 1998: Juan de Arellano: 1614-1676. Fundación Caja Madrid, Sala de las Alhajas de la Fundación Caja Madrid, 5 maio - 28 xuño. Cat. pp.150, 151.
Escena con dous floreiros colocados en dous planos graduados. En primeiro termo un vaso de porcelana e bronce con flores situado sobre unha repisa pétrea decorada con cartelas carnosas. No fondo, e elevado sobre un pedestal aparece outro floreiro nun cestiño de vimbio que se reflexa nun espello situado no lado esquerdo do lenzo. A pintura de flores acada unha destacable presenza na pintura española, especialmente a partir dos anos centrais do século XVII, e Juan de Arellano foi o pintor máis destacado neste xénero. Desde o punto de vista compositivo, o uso do espello e a disposición graduada dos dous vasos convértena nunha das obras máis complexas do seu autor, habituado a representar un único ramo simétricamente disposto no centro. Sinálase nesta obra unha posible significación alegórica pola presenza do espello no que se reflexan as flores, na súa maioría abertas e a piques de esfollarse, o que confíre á obra un sentido de caducidade e incitan á reflexión sobre a fraxilidade da beleza. A mensaxe moralizante aludiría á brevidade da súa duración como símbolo da brevidade da vida humana, englobándose así nunha categoría particular de representacións pictóricas denominadas vanitas, en referencia á pasaxe bíblica do Eclesiastés: Vanitas vanitatum omnia vanitas (Vaidade de vaidades, todo é vaidade).
A aparición das flores como un tema autónomo da pintura produciuse a finais do século XVI, desenvolvéndose plenamente nas dúas centurias seguintes. O protagonismo que as plantas ornamentais adquiren neste tipo de pinturas está unido ao crecente interese polo saber botánico que se experimentou en toda Europa no século XVI, favorecido pola importación de flores exóticas do Oriente Próximo, Asia e América. Estas novas flores empezan a considerarse obxectos preciosos e cotízanse a altos prezos. A circulación das estampas botánicas contribuíu a que os artistas puidesen incluír nas súas obras novas variedades de plantas e insectos. Máis aló das variacións formais que desenvolveron as distintas escolas pictóricas europeas, a corrección botánica e o virtuosismo técnico caracterizaron durante séculos as mellores composicións de flores.