Pinceladas que falan
Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
4º Educación Primaria
Duración:
1h 15min
Como cambia a arte ao longo do tempo? E por que cambia? A través dunha selección de obras do museo, esta proposta percorre a historia da pintura explorando os seus grandes xéneros, o retrato, a paisaxe e as escenas de vida cotiá, e descubrindo como a linguaxe pictórica foi transformándose ao longo dos séculos: as técnicas, o uso da cor, a pincelada, as escolas e as formas de representar a realidade, desde as formas máis figurativas ata a abstracción.
Un percorrido participativo, con actividades nas que crear e experimentar, para descubrir que a historia da arte non é unha liña pechada, senón un proceso en constante transformación.