Rostros con historia

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
2º ESO
Duración:
1h 15min

Todo museo é tamén unha galería de nomes: rostros, escenas, siluetas que nos devolven a mirada desde outros séculos. Esta visita propón un percorrido a través dos personaxes representados nas obras, con especial atención a aquelas figuras relevantes para a historia da cidade da Coruña ou con presenza destacada na memoria colectiva.

Desde nobres a intelectuais, desde figuras anónimas cargadas de simbolismo ata retratos que parecen querer falarnos, cada parada é unha invitación a descubrir quen foron, que papel xogaron na súa época e como a súa imaxe chegou ata nós. Así, o foco non está só na estética ou no estilo, senón na historia que cada personaxe agocha.

A experiencia está pensada para favorecer a conexión entre arte e identidade, entre cidade e memoria. A través das obras, o alumnado reconstruirá fragmentos da historia local e xeral, reflexionando tamén sobre como se representa o poder, o coñecemento, a fama ou mesmo o esquecemento.

Unha proposta que dá protagonismo ás obras desde a súa dimensión narrativa e que permite traballar, de maneira transversal, contidos de historia, lingua e arte.