Imaxe:

Antonia, a galega

Cronoloxía:
1912

Antonia, co sobrenome da galega, quizá debido á súa orixe familiar, está caracterizada como bailaora de flamenco, un tema asociado ás xitanas e que Zuloaga tratou desde a súa mocidade.

Para resaltar a súa presenza sitúaa en primeiro plano, de corpo enteiro e iluminada cun foco de luz. O interese do pintor por realzar a personalidade da modelo proxéctase na actitude e xestos da súa pose que transmiten seguridade e enerxía. A sensualidade do corpo cinguido polo mantón e a súa mirada directa e intensa son recursos do imaxinario simbolista para expresar o concepto de muller sedutora, que Zuloaga asociou ao compoñente racial da muller española.

Folla técnica

Número de inventario:
6576
Cronoloxía:
1912
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
Historial:

Outros títulos: Antonia a galega / Antonia a bailaora

Medidas:
196 x 117 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro