Unha volta ao sol

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
6º Educación Infantil
Duración:
1 hora

A asimilación dos ciclos e tempos do ano serán o “sol” sobre o que xiraremos no percorrido desta visita polo museo. As claras diferencias climáticas en canto as estacións farán de cada parada unha oportunidade para coñecer os cambios na natureza e os ritos, costumes e tradicións vinculadas a cada época. As cores, as pinceladas e os elementos representados polos artistas presentes en obras seleccionadas da colección do museo, irannos dando pistas para descubrir cada unha das catro estacións, entendéndoas como esenciais e necesarias para a roda da vida.