O complexo museístico de máis de 5.500m2 organízase en tres grandes bloques: a zona antiga rehabilitada para acoller as seccións de cerámica e de gravado da colección; unha zona central cos espazos expositivos de nova planta, o salón de actos e unha gran zona de acollida ao visitante; e unha zona interna, destinada ás funcións de conservación e restauración, documentación, biblioteca e almacén.

 

SALAS DE EXPOSICIÓN PERMANENTE

Conta con seis salas distribuídas en tres plantas, máis dous espazos no recuperado Convento das Capuchinas onde se expoñen as coleccións de gravados de Goya e a colección de cerámica de Sargadelos.

SALA DE EXPOSICIÓN TEMPORAL

Espazo que conta con dúas plantas nas que expor obras de arte de formato moi diverso.

 

ÁREA INTERNA

No edificio de nova planta, distribúense en vertical espazos para as seguintes funcións: almacéns, accesos de persoal, control, servicios internos de mantemento, biblioteca, administración, dirección, áreas de conservadores, talleres de restauración e instalacións técnicas.

PLANTA BAIXA

Zona de control de visitantes e seguridade. Área e servizos de recepción, tenda e roupeiro. Exposición da colección de escultura contemporánea. Área de didáctica. Salón de actos con capacidade para unhas 110 persoas.

 

 

Planta 3

Planta 2

Planta 1

Planta baixa