A doazón de Elvira Álvarez Vega

Na presente exposición "Doazóns. 2015-2023", merece un especial recoñecemento a doazón realizada por Elvira Álvarez Vega no ano 2023.

Un conxunto artístico, composto por 66 obras pictóricas e 4 gravados, que formaba a súa colección privada e que, grazas á vontade da doante, agora permanecerá e será difundido no Museo de Belas Artes da Coruña.

Esta colección permítenos facer un percorrido por algunhas das propostas artísticas que se sucederon na arte galega, especialmente a partir da década de 1980.