DOAZÓNS 2015 - 2023
O Museo de Belas Artes da Coruña dá a coñecer, nesta mostra, as importantes doazóns de iniciativa particular que tiveron lugar nos últimos 8 anos e trata de resaltar a xenerosidade das 16 persoas doantes que achegan á colección do Museo un total de 100 obras de artistas galegos do século XX (excepto dúas obras do século XVII), entre pinturas, debuxos, gravados, escultura e artes decorativas.
Cabe destacar dentro do conxunto, a doazón realizada por dona Elvira Álvarez cun total de 70 pezas, a maior contribución á colección nos últimos anos. Tamén destaca a doazón do pintor Roberto González Fernández cunha serie de 6 lenzos da súa autoría.
A mostra pódese entender como unha continuación (ou ampliación) da pequena exposición inaugurada no pasado 2 de maio de 2024, titulada a Doazón Tomás Barros ao Museo de Belas Artes, froito da doazón de Araceli e Tomás Barros Cao. Ambas, aínda que independentes no seu formato (espazo de acollida + espazo destinado a exposicións temporais), teñen unha conexión temática entre si, o que nos permite establecer un interesante percorrido entre ambas e evidenciar e pór de relevancia a sensibilidade e compromiso social dos propietarios quen, nun xesto de xenerosidade e altruísmo non soamente impulsan as coleccións do Museo de Belas Artes da Coruña senón tamén permiten o enriquecemento do Patrimonio Artístico de Galicia.
Contido da exposición
A exposición organízase por orde cronolóxica das doazóns realizadas desde o ano 2015 ata o 2023. Cada doante está representado xunto coas obras que conformaron a súa doazón, agrupándose estas por autores cando é o caso.
Entre os artistas representados cabe destacar a autores como Joaquín Vaamonde, Sotomayor, Manuel Abelenda, Lago Rivera, Laxeiro, Antonio Tenreiro, Sucasas, Úbeda, Lodeiro, Lugrís Vadillo, Roberto González, Xaime Quessada, Lloréns, etc.
Así mesmo incorpóranse á colección do museo obras de mulleres artistas, entre as que destaca a ampla representación de obras da pintora Elena Gago, ademais de obras doutras artistas como María del Carmen Corredoira ou Blanca López.
As persoas doantes
Cómpre destacar aos doantes en agradecemento pola súa xenerosa achega a este museo:
- José Antonio Ozores Souto. Ver obra
- Irmáns Vázquez Soler. Ver obra
- Herdeiros de Virgilio Rodríguez Rincón. Ver obra
- María Jesús Fraga Fernández-Cuevas. Ver obras
- Mercedes González-Moro Zincke. Ver obra
- Blanca Fernández-Rivera y Aranguren. Ver obras
- Irmáns Zorrilla Torras. Ver obra
- Roberto González Fernández. Consultar aquí a doazón completa
- Araceli e Tomás Barros Cao. Consultar a doazón en: Exposición Tomás Barros
- Familia Fernández-Argüelles Lobato. Ver obra 1 Ver obra 2
- Irmáns Elorza Tenreiro. Ver obra
- María Rosa Gómez González. Ver obra
- Carmen Rodríguez Rojo. Ver obra "Santa Madalena". Ver obra "Santa Bárbara"
- Herdeiros de María Teresa Devesa Juega. Ver conxunto
- Ángel Monteoliva Díaz e Mª del Carmen Pereira González. Ver obra
- Elvira Álvarez Vega. Consultar aquí a doazón completa.
Catálogo da exposición
O Museo de Belas Artes da Coruña recopila no catálogo Doazóns 2015-2023 as importantes doazóns de iniciativa particular que tiveron lugar nos últimos 8 anos e trata de resaltar a xenerosidade das 16 persoas doantes que achegan á colección do Museo un total de 100 obras de artistas galegos do século XX (excepto dúas obras do século XVII), entre pinturas, debuxos, gravados, escultura e artes decorativas.

| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| nota-de-prensa_exposicion_donaciones.pdf | 2.04 MB |
| nota-de-prensa_exposicion_doazons.pdf | 1.75 MB |