ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2025

O día 23 de abril celébrase o "Día Internacional do Libro", e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:

Programación

 

Visita guiada á biblioteca

O vindeiro mércores 23 de abril realizaráse unha visita guiada á biblioteca do museo, na que se explicará a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións.

Data: 23 de abril
Horario: 18:30 horas
Inscrición: Toda a información sobre a inscrición e o formulario de reserva de praza aquí: Visita guiada á Biblioteca do Museo

 

Exposición bibliográfica sobre arquitectura

Como complemento á exposición temporal Arquitecturas que falan do seu tempo, presente nas salas do Museo,  dende a biblioteca realizamos na sala de consulta unha mostra cunha selección de bibliografía sobre "Arquitecturas e arquitectos que falan do seu tempo".

Títulos dispoñibles na sala de lectura e neste enlace.

 

Selección bibliográfica "A moda decimonónica"

O pasado martes 3 de abril deu comezo no museo o curso "Os temas da arte: Tirando do fío (II). A arte e a moda: a moda decimonónica". Desde a biblioteca preparamos o acceso a bibliografía especializada no tema.

Máis información neste enlace

 

Bookcrossing no Museo de Belas Artes da Coruña

Datas: do 23 ao 30 de abril de 2024

A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará na tradicional  actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por case 50 centros de arte e museos de toda España.

  • Bookcrossing presencial: Habilitarase un espazo na entrada do Museo, onde as persoas interesadas, no horario de apertura do Museo, poderán consultar e recoller as publicacións, que estarán rexistradas en www.bookcrossing-spain.com.  
  • Bookcrossing virtual: cada biblioteca compartirá en liña un libro, nun vídeo colaborativo.