ACTO DE PRESENTACIÓN
LUGAR: Sala 1 da colección permanente do Museo
DATA: Mércores, 9 de setembro de 2026
HORA: 11:00h
O mércores 9 de setembro de 2026, ás 11:00h, preséntase a táboa flamenga Virxe co Neno, Santa Ana e San Xosé (ca. 1490-1520).
O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a presentación dunha nova obra asignada recentemente a súa colección permanente polo Ministerio de Cultura, logo da súa recuperación durante a exitosa Operación Altarpiece.
Unha vez recuperadas as pezas, o Consello de Patrimonio Histórico Español acordou que as obras se repartisen entre distintos museos estatais. Entre elas, a titulada Virxe co Neno, Santa Ana e San Xosé, que o Ministerio de Cultura asignou ao Museo de Belas Artes da Coruña e que agora se presenta ante o público.
O acto terá lugar na sala 1 do museo cunha presentación a cargo de Manuel Mosquera Cobián, director do Museo de Belas Artes da Coruña. A continuación, intervirá o comandante Fernando Delgado, representante do Grupo de Patrimonio de la Unidad Central Operativa (UCO) da Garda Cilvil. Seguidamente falará Anxo Lorenzo Súarez, director xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. Pechará o acto por parte do Ministerio de Cultura Ángeles Albert de León, Directora General de Patrimonio Cultural y Bellas Artes.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Nota de prensa | 174.46 KB |