
Celebración do Día Internacional do Libro 2022
O día 23 de abril celébrase o "Día Internacional do Libro", e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:
Biblioteca do Museo
Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro”, a Biblioteca do Museo de Belas Artes realizará as seguintes actividades entre os días 22 e 29 de abril:
· IntercambiArte con nós
Con esta iniciativa, habitual entre bibliotecas, ofrécese agora ao público en xeral a posibilidade de conseguir exemplares das publicacións do Museo de Belas Artes, e dos títulos incluídos no listado de duplicados da biblioteca, a cambio de contribuír coa achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía, didáctica…), e que non figuren no noso catálogo.
Actividade presencial, na sala da biblioteca.
Horario: de 9:30 a 14:30 h., de luns a venres.
· Lectura en liña do catálogo da exposición temporal "Alejandro González Pascual. 1930-1993"
O catálogo da exposición temporal Alejandro González Pascual. 1930-1993, é o resultado da mostra antolóxica dedicada ao pintor coruñés que se celebrou no Museo de Belas Artes da Coruña do 18 de novembro ata o 3 de abril.
O catálogo, presentado en formato impreso o 26 de xaneiro de 2022, poderá agora consultarse tamén a texto completo en liña.
Lee aquí o catálogo:
· Bookcrossing no Museo de Belas Artes da Coruña
Despois de dous anos, volve o BookCrossing ao Museo!
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará a partir deste venres 22 de abril nunha actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por centros de arte e museos de toda España.
Os centros aportarán libros e publicacións procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, coa intención de que quen os recolla disfrute da súa lectura e volva a liberalos noutro punto distinto. Todos os libros estarán acreditados con etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web de Bookcrossing, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar unha vez lido.
- Bookcrossing presencial: A biblioteca do Museo de Belas Artes habilitará un espazo para o Bookcrossing na entrada do museo, onde os interesados poderán consultar e recoller as publicacións aportadas para esta actividade que estarán rexistradas en www.bookcrossing-spain.com.
- Bookcrossing virtual: vídeo colaborativo onde cada unha das bibliotecas participantes presenta un libro da súa colección.
O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.