
Publicación da guía do Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña publica a súa guía, respondendo á súa vocación cultural e de servizo público, co obxectivo de dar a coñecer ao público a colección que atesora.
Tras un importante e rigoroso traballo, dirixido pola Dirección e desenvolvido polo Equipo Técnico do Museo, a guía recolle e pon en valor un gran número de pezas, documentadas e explicadas, que fan da mesma unha ferramenta fundamental para comprender non só o significado de cada unha delas, senón tamén a súa historia.
A través dunha selección de 280 pezas da colección permanente, a guía supón un percorrido desde o século XVI ata o século XX, no ámbito artístico español e europeo, cunha especial atención á arte galega.
A guía estrutúrase de forma cronolóxica e temática, a través das seccións de pintura, escultura, debuxo, gravado, artes decorativas, cerámica, numismática e fotografía, que constitúen os fondos do Museo.
Contido da guía
- Introducción
- Síntese histórica
- Sala 1, séculos XVI/XVIII
- Sala 2, século XVII
- Sala 3, séculos XVI/ XVII Retratos
- Sala 4, século XIX
- Sala 5, século XX
- Sala 6, século XX Galicia
- Foro
- Sala Goya
- Sala Sargadelos
- Artes decorativas
- Numismática
- Biografías dos Autores
Autores dos textos: Equipo Técnico-Facultativo do Museo
Edicións: galego, castelán e inglés.