marinasurrealista.jpg

Unha historia para un cadro

Colección de contos infantís

Baixo o título Unha historia para un cadro, o Museo de Belas Artes da Coruña e a súa Asociación de Amigos inician unha serie de contos infantís, a través dos cales os nenos poderán achegarse ao coñecemento da pintura dunha forma moito máis amena e divertida.Cada un destes contos foi especialemente creado para a ocasión por un escritor galego de recoñecido prestixio, que seleccionou unha obra da colección permanente do museo para utilizala como punto de partida e inspiración no posterior desenvolvemento da súa historia.Cúmprese así un dobre obxectivo que consideramos fundamental, como é a difusión dos nosos fondos museográficos e a participación activa no ámbito educativo ao servizo da sociedade.

Os catro primeiros títulos da colección foron creados por Suso de Toro, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre e Yolanda Castaño. Publicados nunha moi coidada edición, están pensados para achegar aos rapaces aos diferentes eidos culturais, como son a literatura e as artes prásticas. Contan ademais con ilustracións de Xosé Cobas.

Estas publicacións pódense adquirir ao prezo de 10 € (8 € para os socios da Asociación de Amigos do Museo) cada un, na tenda do Museo.

Os títulos publicados son os seguintes:

MARILAR ALEIXANDRE: Botella ao mar

YOLANDA CASTAÑO: mariña surrealista

FINA CASALDERREY: A pequena gardiana

SUSO DE TORO: Chega un baixel