Actividades
Foro do museo
Destinado a alumnos de 4º curso de ESO,e previa cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudiante co museo e as súas coleccións. Deste modo, partindo da observación das célbres aseries do pintor aragonés, os nenos realizarán os sesu propios gravados a punta seca sobre metal e PVC.
RESERVAR VISITA :
Foro do Museo
Obradoiro de introdución ao gravado xilográfico impartido polo artista Ali Ali.
*Matrícula reservada a novos alumnos
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Salón de actos do museo
CONCERTOS VIA STELLAE
PROGRAMA
Venres 10 de xullo ás 20:30
Marju Vatsel, clave. Farran james, violín. Santi Mirón, viola de gamba. As sonatas para clave, violín e viola de gamba de Bach
Sábado 11 de xullo ás 20:30
Guillemette Laurens, mezzosoprano. Manuel Vilas, arpa de dúas ordes. Tolemias de amor: cancións amorosas na Italia e na España do século XVII: Caccini, Frecobaldo, Merula, Vázquez, Hidalgo, Kapsberger, Ferrari.
Salón de actos do museo
PROGRAMA
Domingo 31 de maio ás 12:00
G. Rossini (1792-1868) F. Carilli (1770-1841) -Sinfonías de ópera para violín e guitarra-
Domingo 14 de xuño ás 12:00
L.V. Beethoven (1770-1827) Sinfonía num. 1 en dó maior, Op. 21, versión para quinteto de cordas / Sinfonía num. 6 en fa maior, Op. 68, versión para sexteto de cordas.
Domingo 21 de xuño
L.V. Beethoven (1770-1827) Sinfonía num. 3 en mi bemol maior, Op. 55, versión para terceto de cordas
Salas de exposición permanente do museo
CONTACONTOS
Destinado a un público familiar von nenos de 4 a 10 anos. Na súa viaxe a través do museo, os visitantes deterán a súa ollada e darán renda solta á imaxinación en tres recunchos escollidos do museo nos que atoparán unha escena composta por unha contadora e un ilustrador, os cales cobrarán vida ante o público para narraren unha historia que tomará como referencia algún cadro da colección permanente do museo. Prazas limitadas.
CALENDARIO
Sábado 23 de maio ás 18:30
Sábado 6 de xuño ás 18:30
Sábado 13 de xuño as 18:30
Salón de actos do museo
PROGRAMA NO MUSEO
Mércores 29 de abril ás 20:30
Aleksander Kolkovski violín Stroh e fonógrafos
Domingo 3 de maio ás 12:30
Cuarteto Ephimere
Espazos sonoros programación do ciclo.
Museo de Belas Artes

O 2009, ano Internacional da Astronomía, é motivo de numerosas actividades arredor dun apaixoante tema que esperta a curiosidade e o interese e quen nas artes un dos seus reflexos máis interesantes.
Por tal motivo, este verán os astros chegan ao Museo de Belas Artes através dunha proposta multidisciplinar na que se mesturan as artes plásticas e visuais, a literatura e a música.
Nesta ocasión achegarémonos a “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.
Sala 4
Desde o Museo de Belas Artes da Coruña iniciamos unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta.
Xoves e sábados ás 18:30 horas
Abril: 9, 11, 23, 25
Maio: 7, 9, 21 e 23
Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración co Museo Nacional del Prado acolle a primeira das conferencias do ciclo 'Prado Extendido en femenino', a cargo de Natalia del Río, Xefa do Servizo de Educación do Museo Nacional del Prado, quen será a persoa encargada de inaugurar as charlas de 'Prado Extendido en Femenino' no salón de actos do museo o próximo día 25 de marzo ás 19:30 horas.