Actividades
Salas do Museo de Belas Artes da Coruña
CONTACONTOS: PABLÍSIMODestinado a público familiar, con nenos de 4 a 10 anos. Na súa viaxea través do museo, os visitantes deterán a súa ollada e darán renda soltaá imaxinación en tres recunchos escollidos do museo, nos que atoparánunha escena composta por un músico e unha contadora que cobraránvida ante o público para narrar algunha historia que tome comoreferencia algún cadro da colección permanente.RESERVA DE PRAZA: .
Foro do museo
O dourado tradicional é unha técnica antiga que ten infinidade de aplicacións e pódense realizar en diferentes soportes: desde esculturas a caixas, marcos, mobles e espellos. Neste curso monográfico ensinaranse as técnicas de dourado tradicional con ouro fino: imprimación, estucado, embolado, colocación do ouro fino, bruñido e vernizado.
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Museo de Belas Artes da Coruña
ESCULTURA EN MOVEMENTO
OBRADOIRO INFANTIL DE VERÁN …
Salón de actos do museo

Na súa quinta edición o Festival Via Stellae chega a este museo a través do Camiño inglés cun novo cartel enormemente atractivo, no que destaca a gran calidade dos seus intérpretes.
PROGRAMA
Venres, 16 de xullo
Enrique Pérez Piquer (clarinete)Aníbal Bañados Lira (piano)
Obras de Brahms e Octavio Vázquez
Sábado, 17 de xullo
Museo de Belas Artes
VISITAS TEMÁTICAS PARA ADULTOS (GRUPOS ORGANIZADOS):
VISITA XERAL AO MUSEO. Unha visita polo máis destacado da colección do Museo de Belas Artes da Coruña. Coñeceremos pezas que van desde o século XVI ata o XXI, facendo un percorrido polos diferentes estilos que se sucederon a longo do tempo: renacemento, barroco, romanticismo, realismo, rexionalismo, as vangardas e a arte que se realiza na actualidade.
Salón de actos do museo
Ciclo de conversas do obradoiro "Contos no museo"Con motivo do obradoiro Contos no museo que se está a celebrar nestas datas no Museo de Belas Artes da Coruña, organízanse uns encontros cos creadores Yolanda Castaño e Xosé Cobas, no que os alumnos do mesmo, así como todos os interesados no proceso de creación narrativa, poderán conversar coa escritora e o ilustrador, co fin de enriquecer e completar a visión e o traballo que veñen desenvolvendo ao longo do obradoiro.YOLANDA CASTAÑO: mércores 28 de abril de 2010, ás 20:00 h.
Salas do museo
Percorrido polas salas do século XX do museo, salpicado de mini-actividades diante das obras, e destinado a familias con nenos maiores de 5 anos. Cada obra converterase, a través dunha serie de recursos moi atractivos e da mirada conxunta de todos, en protagonista dunha historia. Ademais, obras e historias darán pé a xogos e actividades moi dinámicas.
Sábados 8, 15, 22 e 29 de maio; 5, 12,1 9 e 26 de xuño
RESERVA DE PRAZA
Salón de actos do museo
O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque obter unha formación básica y amena sobre a Historia da Arte. Nesta ocasión será a partir da temática mitolóxica ao longo das obras artísticas realizadas nas distintas épocas e nos diferentes estilos artísticos, empregando como fío conductor as máis famosas obras custodiadas nos principais museos do mundo.
Realizarase un percorrido pola mitoloxía centrada principalmente na greco-romana, pero tamén achegándose ás representacións de mitos doutras culturas, como a azteca ou a exipcia entre outras.
Pranta baixa do museo
Obradoiro de gravado calcográfico e técnicas aditivas, impartido por Isabel Pintado, pintora gravadora e licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Foro do museo
Obradoiro de gravado calcográfrico impartido por Anne Heyvaert, pintora e gravadora. Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) e Fundación CIEC de Betanzos.
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)