Actividades
Foro do museo
Obradoiro de no que se empregaran diferentes técnicas de estampación, impartido pola artista Anne Heyvaert, pintora e gravadora. Facultade de Belas Artes de Pontevedra e Fundación CIEC de Betanzos.
Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.
SESIÓNS DO OBRADOIRO:
Sábados 4, 11, 18, 25 de xuño e 2 de xullo de 2011, das 10:30 ás 14:00 h
RESERVA DE PRAZA* :
Foro do Museo
Obradoiro de gravado adicado á técnica da litografía sobre prancha de aluminio ou algrafía.
Impartido por Omar Kessel, pintor e gravador. Fundación CIEC de Betanzos.
Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.
SESIÓNS DO OBRADOIRO:
Sábados, 30 de abril, 7, 14, 21 e 28 de maio de 2011, de 10:30 a 14:00 h.
RESERVA DE PRAZA* :
Foro do museo
Obradoiro no que se iniciará aos participantes na elaboración dunha carpeta-libro de artista.
Impartido pola artista Isabel Pintado, pintora, gravadora e licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.
SESIÓNS DO OBRADOIRO:
Venres 29 de abril, 6, 13, 20 e 27 de maio de 2011, de 16:30 a 20:00 h.
RESERVA DE PRAZA : *Matrícula reservada a novos alumnos
Salón de actos do museo
O obxectivo xeral do ciclo é a definición das diversas formas nas que están presentes as artes, tanto as plásticas como a arquitectura e a música no cine, xa sexa como referente iconográfico, como apoio e base para o argumento, como marco da acción ou aparecendo fisicamente no encadre. A presente edición versará sobre as biografías de célebres artistas.
PROGRAMA
Mércores, 11 de maio
Pollock, a vida dun creador
Ed Harris, 2000
Mércores, 18 de maio
Salón de actos do museo
O curso pretende achegarse a un colectivo adulto, non especializado pero si interesado, que busque obter unha información básica, dun xeito ameno e divertido, sobre a historia da arte desde a Antigüiidade ata a actualidade, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ás coleccións dos máis importantes museos e facendo especial fincapé na colección permanente do Museo de Belas Artes.
SESIÓNS: Neste segundo ciclo os contidos distribuiranse do seguinte xeito:
Foro do museo
GOYA: RETRATOS E EXPRESIÓNSDestinado a alumnos de 4º curso de secundaria, e logo de cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e o coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudante co museo e as súas coleccións.
Salón de actos do museo
Estructura e contidos:
6 de novembro. O MODELO DRAMATÚRXICO NAS ARTES PLÁSTICAS
Dramaticidade e teatralidade nas artes plásticas. Abstracción, realismo e mímese en artes escénicas e artes plásticas. As artes plásticas como espectáculo. A forma, a experiencia estética e a comunicación nas artes.
PRÁCTICA: Análise dun cadro desde o punto de vista teatral
13 e 20 de novembro. OS OFICIOS DOS ARTISTAS PLÁSTICOS NO TEATRO
Sala de exposicións temporais do museo
Programa de visitas guiadas á exposición dol 2 de outubro ao 12 de decembro de 2010:
Todos os sábados ás 18:30 e domingos ás 12:30. Entrada libre para o público en xeral
(Se pertence a algunha asociación ou grupo organizado e desexa unha visita guiada para o seu grupo, por favor, contacte con nós a través do seguinte formulario ou no teléfono 981 223 723 para concretar data e hora).
Duración aproximada: 60 min.
Salón de actos do Museo
COMPAÑÍA: Galitoon
Foro do museo
Trátase dun proxecto didáctico especialmente deseñado para un público adolescente e universitario. Concíbese como un proxecto aberto no que os propios mozos serán os que concreten o discurso final da actividade. Este ano proponse traballar arredor de distintos espazos da cidade e como se pode incidir no seu cambio por medio de distintas accións artísticas. Traballaremos con técnicas como o graffiti ou a stencil-art.SESIÓNS DO OBRADOIRO:Sábados 16, 23, 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro de 2010, das 17.30 ás 19.30 h.RESERVA DE PRAZA :