Actividades
Foro do museo
GOYA: RETRATOS E EXPRESIÓNSDestinado a alumnos de 4º curso de secundaria, e logo de cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e o coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudante co museo e as súas coleccións.
Foro do museo
Trátase dun proxecto didáctico especialmente deseñado para un público adolescente e universitario. Concíbese como un proxecto aberto no que os propios mozos serán os que concreten o discurso final da actividade. Este ano proponse traballar arredor de distintos espazos da cidade e como se pode incidir no seu cambio por medio de distintas accións artísticas. Traballaremos con técnicas como o graffiti ou a stencil-art.SESIÓNS DO OBRADOIRO:Sábados 16, 23, 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro de 2010, das 17.30 ás 19.30 h.RESERVA DE PRAZA :
Foro do museo
O dourado tradicional é unha técnica antiga que ten infinidade de aplicacións e pódense realizar en diferentes soportes: desde esculturas a caixas, marcos, mobles e espellos. Neste curso monográfico ensinaranse as técnicas de dourado tradicional con ouro fino: imprimación, estucado, embolado, colocación do ouro fino, bruñido e vernizado.
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Museo de Belas Artes da Coruña
ESCULTURA EN MOVEMENTO
OBRADOIRO INFANTIL DE VERÁN …
Salón de actos do museo
Ciclo de conversas do obradoiro "Contos no museo"Con motivo do obradoiro Contos no museo que se está a celebrar nestas datas no Museo de Belas Artes da Coruña, organízanse uns encontros cos creadores Yolanda Castaño e Xosé Cobas, no que os alumnos do mesmo, así como todos os interesados no proceso de creación narrativa, poderán conversar coa escritora e o ilustrador, co fin de enriquecer e completar a visión e o traballo que veñen desenvolvendo ao longo do obradoiro.YOLANDA CASTAÑO: mércores 28 de abril de 2010, ás 20:00 h.
Salas do museo
Percorrido polas salas do século XX do museo, salpicado de mini-actividades diante das obras, e destinado a familias con nenos maiores de 5 anos. Cada obra converterase, a través dunha serie de recursos moi atractivos e da mirada conxunta de todos, en protagonista dunha historia. Ademais, obras e historias darán pé a xogos e actividades moi dinámicas.
Sábados 8, 15, 22 e 29 de maio; 5, 12,1 9 e 26 de xuño
RESERVA DE PRAZA
Pranta baixa do museo
Obradoiro de gravado calcográfico e técnicas aditivas, impartido por Isabel Pintado, pintora gravadora e licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Foro do museo
Obradoiro de gravado calcográfrico impartido por Anne Heyvaert, pintora e gravadora. Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) e Fundación CIEC de Betanzos.
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Foro do museo
Destinado a alumnos de 4º curso de ESO,e previa cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e coñecemento dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación do estudiante co museo e as súas coleccións. Deste modo, partindo da observación das célbres aseries do pintor aragonés, os nenos realizarán os sesu propios gravados a punta seca sobre metal e PVC.
RESERVAR VISITA :
Foro do Museo
Obradoiro de introdución ao gravado xilográfico impartido polo artista Ali Ali.
*Matrícula reservada a novos alumnos
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)