Coello, Claudio

Madrid (m)
-
1642
Madrid (m)
-
1693
Escola de arte:
Escola Madrileña

Claudio Coello (Madrid, 1642-1693). Coello foi un dos principais representantes da escola barroca madrileña. A súa formación pictórica comeza no taller de Francisco Rizi, onde estuda os debuxos do seu mestre. A través de Rizi e de Juan Carreño de Miranda, ten acceso ás coleccións pictóricas do Alcázar de Madrid, o que lle permite copiar as obras de pintores como Tiziano, Veronés, Bassano, Giordano, Van Dyck ou Rubens, que lle servirán de inspiración. A relación de Coello coa Coroa iníciase en 1679, cando colabora na decoración dos arcos triunfais que celebran a entrada en Madrid de María Luisa de Orleáns, primeira esposa de Carlos II. Catro anos despois, en 1683, é nomeado pintor do rei. O seu repertorio de asuntos, dominado polo relixioso e moi fiel á sensibilidade da Contrarreforma, amplíase ao retrato. O ano de 1685 empeza a traballar no retablo da sancristía del Escorial que é a súa obra máis ambiciosa, na que utiliza todos os resortes da linguaxe teatral e ilusionista do barroco. O seu éxito lle outorga  o nomeamento de pintor de cámara, vacante tras a morte de Rizi e Carreño. A irrupción na corte do italiano Luca Giordano, que lle substitúe á fronte do gran proxecto decorativo del Escorial, supón o seu definitivo desprazamento. A pesar de que non se detectan na súa traxectoria grandes cambios de estilo, co paso do tempo as súas figuras gañarán en solidez, o modelado farase máis escultórico e os fondos arquitectónicos, ao principio moi complexos, volveranse máis sinxelos e rotundos.

Obras do/a autor/a