Imaxe:

Cunquiña

Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)

Algunhas fábricas de louza do século XIX decoraron as súas pezas con escenas creadas a partir dos gravados que ilustraban as edicións da novela de Cervantes.

O corpo deste cunquiña está estampado en cor negra con dúas pasaxes do Quixote: Nunha escena o protagonista, representado a lombos de Rocinante, enfróntase a un dos disciplinantes que transportan en procesión unha imaxe da Virxe que el imaxina era unha señora á que levaban cautiva (Parte I. Capítulo LII): [...Don Quixote, que viu os estraños traxes dos diciplinantes, sen pasarlle pola memoria as moitas veces que os había de ver, imaxinouse que era cousa de aventura e que a el só tocaba, como a cabaleiro andante, o acometela, e confirmoulle máis esta imaxinación pensar que unha imaxe que traían cuberta de loito fose algunha principal señora que levaban por forza...].

Na outra escena reflíctese a pasaxe da primeira saída de don Quixote da súa terra, no momento da súa partida e despedida das dúas mozas ás portas da venda (Parte I. Capítulo II).

Folla técnica

Número de inventario:
4164
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Personaxes literarios
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.

Medidas:
Cunquiña: Altura = 5,4 cm; Lonxitude = 6,6 cm; Diámetro = 4,7 cm
Técnica:
Moldeado por presión
Biscoitado
Estampado (Cerámica)
Vidrado
Obxecto:
Cunquiña