Imaxe:

La Presentación de Jesús en el Templo

Autores/as:
Cronoloxía:
1663[ca]

Represéntase o momento da Presentación de Xesús no Templo de Xerusalén. A escena central aglutina a San Xosé e a Virxe co Neno ante o ancián sacerdote Simeón acompañados pola profetisa Ana. Cara ao fondo e á dereita, no medio da penumbra preséntase o motivo alusivo á ofrenda polo nacemento cunha figura feminina portando un cesto no alto con dous tórtolas ou pombas. Á esquerda, ao fondo un sacerdote en actitude vixiante disponse para axudar a Simeón, e en primeiro termo un neno está axeonllado xunto a unha candea acesa que podería lembrar o rito da bendición dos cirios e a celebración da Candelaria. Este tema aparece interpretado por primeira vez no s. V, nun mosaico da igrexa de Santa María Maggiore en Roma. Desde a época carolinxia podemos atopar a coexistencia de dous modelos: María presenta o Neno ao ancián Simeón, ou tamén, Simeón sostén o neno e devólvello a María. Ambas as formas foron representadas por Francisco Rizi. A iconografía deste episodio da vida de Cristo, remítenos non só á fonte das Escrituras en que se relata, o Evanxeo de San Lucas e na que se inspira a arte cristiá, senón tamén, ás normas da lei de Moisés (Ex. 13,2) que establecían unha serie de cerimoniais vinculados co nacemento dun neno: a Circuncisión, a Purificación da nai tras o parto, a Presentación do primoxénito no templo e o acto de redimirlo por medio dunha ofrenda. O lenzo formaba parte dunha serie de destino descoñecido, da que se conservan algunhas obras aínda que outras foron destruídas. Pintada ao redor de 1663, a serie mostra o momento de plenitude e madurez do artista na que se aprecian as súas característica pinceladas vibrantes. O autor, que nun principio se mostrou fiel aos modelos de rigor e simetría postulados polo seu mestre Vicente Carducho, demostra aquí unha gradual incorporación das fórmulas estéticas do Barroco na expresividade e o dinamismo con que trata a escena. Non en balde chegouse a considerar, dentro da escola madrileña dos limiares do século XVII, como un dos principais creadores da nova linguaxe.

Folla técnica

Número de inventario:
6265
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1663[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Antigo Testamento
Relixiosa. Iconografía Mariana
Figura. Animal
Relixiosa. Evanxélica
Sala:
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (14/06/2011)
Medidas:
Con marco: Altura = 220 cm; Anchura = 307,5 cm; Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 206 cm; Anchura = 290 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro