Imaxe:

Marquesa de Zarreal

Cronoloxía:
1917

Retrato de figura feminina de pé e de perfil, co rostro volto cara ao espectador e tocada cunha mantilla de cor negra. Porta un abanico na man. A figura atópase nun espazo exterior con paisaxe ao fondo.

Dentro da súa produción retratística debemos ter en conta as influencias recibidas de pintores como Diego Velázquez e Francisco de Goya, resaltando a evocación que o artista realiza da tradición pictórica española. María Teresa Losada e González de Villalaz, Marquesa de Zarreal, é unha obra de inspiración goyesca, que garda relación co retrato de María Luisa con mantilla de Goya. Á súa vez, a influencia de Velázquez é clara, pois tanto a composición da imaxe como a captación da alma do retratado denotan o coñecemento do seu estilo. Sotomayor foi un hábil retratista que se adaptaba aos gustos académicos, á vez que mantiña presente un aceno de identidade propia reconocible no trazo aplicado aos tecidos e a xoiería. Representou aos membros da aristocracia e da burguesía conservando o sinal do realismo académico pero acentuando a pincelada impresionista no xogo de contrastes lumínicos que permiten percibir as calidades da indumentaria das figuras.

Aparece titulado nalgunhas publicacións como retrato da Marquesa de Amurrio.

Folla técnica

Número de inventario:
6440
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Triunfante
Cronoloxía:
1917
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado
Medidas:
Con marco: Altura = 225 cm; Anchura = 173,5 cm; Profundidade = 7 cm
Lenzo: Altura = 223 cm; Anchura = 141 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro