Imaxe:

Prato

Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)

Prato fondo con suaves ondulacións na ala obtidas a partir do labrado do molde. Bordo exterior en forma poligonal (14 lados).

A decoración pintada a man adáptase ao formato do prato. No centro un gran caravel en vermello carmín. Do seu contorno saen en aspa finos talos en negro flanqueados por follaxe cor verde vexetal e rematados en pequenas xemas en azul cobalto claro.

Na ala permanece a mesma decoración floral, só varia pola necesidade de adaptala ao formato de cenefa. Así, os caraveis vanse entrelazando por medio dun finísimo trazo negro ata formar unha grilanda pechada.

Os deseños decorativos eran realizados directamente sobre a peza biscoitada por pintores especializados chamados pincelistas. Practicamente toda a louza pintada en Sargadelos está decorada con motivos florais.

Folla técnica

Número de inventario:
4024
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Vexetal
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.

 

Medidas:
Prato: Altura = 5,5 cm; Diámetro = 27,1 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Biscoitado
Pintado
Vidrado
Obxecto:
Prato