Imaxe:

A pulga; ¡Aquí, aquí!

Autores/as:
Cronoloxía:
1880

Unha anciá que está sentada nun pequeno banco e ten a parte inferior do dengue levantada, indícalle cunha man á nena situada enfronte onde ten que buscar a pulga. As dúas visten traxes populares e están nunha contorna doméstica. Debaixo do banco sitúase un cesto do que sobresae un pano e á beira sitúanse un fuso e unha roca na que hai unha pouca de la. Trátase dunha pequena escultura cun coidadoso estudo da composición e cunha gran carga simbólica. É unha plasmación da corrente rexionalista que aparece nas obras de Brocos ligada a unha certa preocupación social. O escultor expresa materialmente a través dun xesto cotián a realidade social da súa época. Ademais deste bosquexo de barro cocido, Brocos realizou outro en terracota vermella. A obra que se titulou tamén ¡Aquí, Aquí! foi unha das dúas presentadas na Exposición Nacional de Madrid en 1881 e polas que recibiu unha terceira medalla.

Folla técnica

Número de inventario:
6320
Materia / Soporte:
Barro cocido
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1880
Clasificación:
Escultura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Costumista. Escena
Procedencia:
Depósito. Inés Candelaria Camarero Otegui
Medidas:
Escultura: Altura = 35 cm; Anchura = 29 cm; Profundidade = 21 cm
Técnica:
Modelaxe
Engobado
Obxecto:
Escultura