Imaxe:
Retrato de D. Juan Nepomuceno Jaspe Montoto
Folla técnica
Número de inventario:
2947
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1857
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Jaspe Moscoso, Emilia (20/04/1960)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano 1973: Antolóxica Dionisio Fierros. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 1984: Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Alfonso.
Ano 1984: Pintura do século XIX, nas institucións. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Alfonso.
Ano 1984-1985: Un século de pintura galega, 1880-1980. Instituto de Cooperación Iberoamericana (I.C.I.) Buenos Aires. Sede: Museo de Belas Artes.
Medidas:
Con marco: Altura = 115,3 cm; Anchura = 92,5 cm; Profundidade = 6,5 cm
Lenzo: Altura = 106,3 cm; Anchura = 83,2 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Este retrato de Juan Nepomuceno Jaspe Montoto forma parella co cadro que retrata á súa esposa Dna. Carmen Moscoso de Altamira, quen á súa vez son pais do pintor Antonio Jaspe Moscoso.
Seguindo a liña do seu mestre Federico Madrazo, Fierros fai uso dunha modalidade retratística de parella de esposos moi demandada na época polas elites aristocráticas e burguesas. En ambos os cadros os retratados aparecen dispostos na proximidade, de fronte, en tres cuartos e en posicións encontradas pero difiren con todo na ambientación da súa contorna. Aquí, o cabaleiro sitúase de pé a medio camiño entre o interior, intuído unicamente pola mesa e a cortina, e o exterior, representado mediante unha celaxe de reminiscencias románticas, nunha actitude distinguida e á vez natural asumindo o rol de autoridade familiar e profesional que lle outorga a división de xéneros da época.
O pintor utiliza unha paleta de negros de marcada tradición española para representar a este cabaleiro que exhibe unha coidada aparencia na súa indumentaria ao estilo do dandi romántico que estaba tan de moda neste momento.