Imaxe:

Retrato de Doña Carmen Moscoso de Altamira

Autores/as:
Cronoloxía:
1857

Retrato en tres cuartos de Carmen Moscoso de Altamira membro dunha das liñaxes máis antigas da nobreza galega. Loce vestido negro de amplo escote que realza a brancura das súas carnacións, reflexo dun ideal feminino perseguido entre as clases dominantes que expresa refinamento e delicadeza. Igualmente, o seu aspecto caracterízaa tamén como muller virtuosa, depositaria duns valores que a erixen como parte substancial da familia na privacidade do fogar.

A diferenza do retrato do seu esposo, este sitúase no interior dunha estancia onde prima a intención decorativa e o reflexo de calidades, factores que denotan distinción social e posicionan o fogar como importante centro de socialización onde acontecen faladoiros, reunións ou festas nas que a muller ten un destacado protagonismo.

É este un retrato da época de madurez do pintor e exemplo da concepción do retrato burgués do século XIX. Lembra os ensinos do seu mestre Federico de Madrazo nese afán de crear profundidade e construír espazo mediante a composición de elementos e uso dunha luz que se proxecta desde o ángulo superior esquerdo.

Este retrato de Carmen Moscoso de Altamira Márquez Espinosa de los Monteros forma parella co de Juan Nepomuceno Jaspe Montoto, pais do pintor Antonio Jaspe Moscoso.

Folla técnica

Número de inventario:
2946
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1857
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Asignación. Doazón: Jaspe Moscoso, Emilia (20/04/1960)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 1973: Antolóxica Dionisio Fierros. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 1984: Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Alfonso.
Ano 1984: Pintura do século XIX, nas institucións. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Alfonso.
Ano 1984-1985: Un século de pintura galega, 1880-1980. Instituto de Cooperación Iberoamericana (I.C.I.). Buenos Aires. Museo de Belas Artes.

Medidas:
Con marco: Altura = 115,8 cm; Anchura = 91,2 cm; Profundidade = 6,2 cm
Lenzo: Altura = 107,5 cm; Anchura = 81,3 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro