Imaxe:
Retrato de Dona Herminia Rodríguez-Borrell Feijóo
Folla técnica
Número de inventario:
3424
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1930[ca]-1936[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Irmáns Rodríguez-Borrell Feijóo (19/04/1971)
Historial:
O retrato de Herminia Borrell procede do pazo de Sigrás (Cambre), do que era propietaria.
EXPOSICIÓNS:
Figurou na exposición Cien años de Arte en Galicia, organizada pola Academia Provincial de BBAA, Salón de Exposicións do Excmo. Concello, A Coruña , 1949.
Ano: 1983- 84. Lugar: A Coruña. Colexio Calvo Sotelo. Decembro 83- Xaneiro 84. Homenaxe a Pintores Coruñeses. Deputación Provincial da Coruña.
Medidas:
Con marco: Altura = 76,5 cm; Anchura = 62,5 cm
Lenzo: Altura = 67,5 cm; Anchura = 54 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Elena Olmos captou a firme personalidade de Herminia (Camariñas, A Coruña, 1897- Sigrás, Cambre, A Coruña, 1971) e a mostra desde unha óptica realista nos inicios dos anos trinta, co seu habitual peiteado con raia ao medio recolleito e cos seus colares de jade de cor verde. A súa figura destaca sobre o fondo do lenzo cunha pose pouco convencional pero acorde co seu carácter, coa man dereita apoiada na cintura mostrando seguridade.
A biógrafa de Herminia, Victoria Armesto (María Victoria Fernández-España), sitúa en Camariñas o lugar de orixe da súa familia, pertencente á alta burguesía comercial. Os seus costumes cotiáns como vestir pantalón, fumar e conducir un coche, inclúena entre as mulleres modernas da época. En Coruña a moza Herminia foi presentada en sociedade nas Torres de Meirás tendo como anfitrioa a Emilia Prado Bazán. Foi enviada a Londres a estudar inglés e alí coñece alí ao magnate armenio Nubar Gulbenkian (fillo do filántropo Calouste Gulbenkian, a quen se debe a creación da Fundación Calouste Gulbenkian en Lisboa), co que casou e do que se divorciou en 1928. Despois adquire e instálase no Pazo de Sigrás (Cambre, A Coruña) e o seu parque, onde faleceu e do que procede este retrato.