Imaxe:
Unha esclava do harén
Folla técnica
Número de inventario:
5335
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
ca. 1888
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (20/09/2005)
Historial:
Foi adquirido por Orde do 29 de febreiro de 1888.
Desde 1896 a 1990 estivo depositado na Escola de Belas Artes de San Eloy en Salamanca (Segundo se recolle en: Inv. Xeneral de Pinturas. Museo del Prado III )
Medidas:
Con marco: Altura = 109 cm; Anchura = 76,5 cm; Profundidade = 8 cm
Lenzo: Altura = 82 cm; Anchura = 47 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Martínez del Rincón como boa parte dos artistas da época participa da pintura de historia, o retrato e a pintura de xénero que nalgúns casos é de clara inspiración orientalista seguindo a tendencia marcada por Mariano Fortuny. Cuxo estilo, caracterizado por un gran virtuosismo técnico e carácter preciosista e desenfadado, proxectaríase a través dun nutrido grupo de pintores que como Martín Rico lle daría unha prolongada continuidade traspasando incluso os inicios do século XX.
Este cadro de pequeno formato eleva á protagonista a unha escena cotiá ambientada nun interior de resaibo oriental ao estilo de Fortuny. Nela, a escrava adquire vida propia coa súa indumentaria tipo árabe na que o pintor fai alarde dunha minuciosa descrición dos pormenores decorativos e dos accesorios de adorno.
Tamén na composición do cadro Martínez del Rincón rememóranos a fascinación que sentía Fortuny polos obxectos, que reunía no seu estudio e finalmente levaba ás súas pinturas. Así, son de comparar as curiosidades que Fortuny representa na estancia da súa obra La odalisca, coa ambientación que Martínez del Rincón desprega en A esclava do harén, para ver unha sutil analoxía non só na provisión de obxectos de marcado carácter oriental senón, as similitudes no tratamento da luz cos seus destellos e brillos sobre a cor das teas, a saturada decoración da parede ou a presenza dunha cortinaxe verde e a decoración tipo lacería da madeira.
En definitiva Martínez del Rincón segue esa tendencia que influíu a numerosos artistas e sobre a que o mesmo pintor incide en varias ocasións, segundo vemos noutra obra súa A artista, que exhibe no propio cadro, a modo de expositor museístico, unha serie de obxectos valiosos, entre os que mesmo repite a súa presenza a bandexa de cerámica esmaltada de gran tamaño que asoma parcialmente en A esclava do harén.