Cada gota conta
Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
5º Educación Infantil
Duración:
1 hora
A auga como fonte de vida será o noso medio de navegación polas salas do museo. A través de xéneros como a paisaxe e a representación de oficios, fomentaremos as primeiras reflexións sobre este elemento esencial e cotiá en todos os seus estados. Falaremos do coidado dos ecosistemas acuáticos, da necesidade climática da chuvia, dos oficios vinculados a rios e mares e da importancia deste ben para o nosa vida diaria e a nosa supervivencia.
As dinámicas que realizaremos en cada obra do percorrido concienciarán ao alumnado no seu coidado e valor.