Olladas con memoria
A historia de Galicia non está só nós libros. Está no mar que alimentou xeracións, nos oficios tradicionais, nas festas que marcaron o ritmo do ano, na lingua e nas voces que foron pasando saberes de xeración en xeración.
Esta proposta explora a identidade e a historia de Galicia a través das obras do museo. Percorremos a relación coa paisaxe e coa natureza, os oficios como a pesca, o marisqueo ou o traballo artesanal, a lingua e a tradición oral como formas de transmisión cultural, e as transformacións sociais e económicas que foron cambiando a forma de vivir en Galicia. Cada obra abre unha conversa sobre como se constrúe a identidade dun lugar, non só desde o poder e as institucións, senón desde o traballo, a memoria e a vida cotiá de quen viviu antes ca nós.