CONVIDADAS: Anglada-Camarasa. Entre o popular e o moderno

12.11.2026-28.02.2027
-
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña coa colaboración da Colección Anglada-Camarasa Fundación "la Caixa"
Comisario:
Museo de Belas Artes da Coruña
Catálogo:
Si

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a mostra "Convidadas: Anglada-Camarasa. Entre o popular e o moderno", coa colaboración da Colección Anglada-Camarasa Fundación "la Caixa". Con ela continuamos o ciclo de exposicións de pequeno formato co que coñecer obras procedentes doutros museos e coleccións españolas.

 

Contido da exposición

Anglada-Camarasa mantén nas dúas obras seleccionadas a súa predilección pola representación da figura feminina, exposta en ambos os casos desde a visión rexionalista.

O autor chega a París en 1894, cando a arte se está transformando e se abren camiño novidades como o impresionismo, postimpresionismo e fauvismo. Popularízase a estética decorativa do art nouveau que se converte nun movemento internacional. Ponse de moda o exótico e a arte das culturas orientais. Con estas influencias elaborará un estilo persoal marcado polo uso da intensidade cromática.

Outro pintor, o coruñés Germán Taibo, uns anos máis novo que Anglada-Camarasa, chega a París en 1906. No ambiente artístico parisiense asimila, sobre todo, influencias do impresionismo no manexo dos efectos lumínicos. A súa evolución posterior queda cortada por unha morte prematura en 1919.

 

Catálogo da exposición

 Editarase unha publicación co título Convidadas: Anglada-Camarasa. Entre o popular e o moderno

 

Actividades

A exposición complementarase cun programa de actividades que se anunciará máis adiante, no que haberá visitas guiadas e obradoiros en familia, entre outras.