
Publicacións
Conto infantil escrito por Yolanda Castaño, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Esta historia está baseada na obra Mariña surrealista, de Urbano Lugrís. O libro foi ilustrado por Xosé Cobas.
Conto infantil de Fina Casalderrey, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Esta historia está baseada na obra Castigo, de Tomás Muñoz Lucena.
O libro foi ilustrado por Xosé Coba
Conto infantil de Suso de Toro, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Chega un Baixel está inspirado na obra de Pedro Pablo Rubens, Dédalo e o Minotauro. Ilustración de Xosé Cobas.
Conto infantil escrito por Marilar Aleixandre, pertencente á colección Unha historia para un cadro . Os libros desta colección están creados por escritores galegos de reconocido prestixio, que escollen unha obra do museo como punto de partida para o relato. Esta historia está baseada na obra Mariscadoras, de Luis Seoane. O libro foi ilustrado por Xosé Cobas.
Traducción ao castelán dos textos contidos no catálogo da mostra editado en inglés.
Como complemento da mostra A Coruña. A cidade na arte, o Museo de Belas Artes da Coruña edita esta separata da mesma como xesto de apoio á candidatura deste faro milenario como Patrimonio da Humanidade. Consta dun compendio de 25 imaxes da Torre de Hércules seleccionadas de entre o total das obras integrantes da citada exposición. Contén un texto de presentación e as ilustracións completas e con detalles das citadas obras.
94 páxinas : principalmente il. cor ; 16 x 24 cm. Textos en galego.
Esta publicación en lingua castelá contén un texto de presentación por Frederic J. Schwartz, “Las nuevas formas de la cultura en la era industrial”, e recopila a información presentada nos paneis da exposición, que foi elaborada a partir dos textos do catálogo orixinal en alemá, 100 Jahre Deutscher Werkbund 1907-2007, a través da que se fai un percorrido pola historia, actividades e persoas do Werkbund Alemá.
Catálogo da mostra 100 AÑOS DE ARQUITECTURA Y DISEÑO EN ALEMANIA.
DEUTSCHER WERKBUND 1907-2007,
Catálogo da exposición de Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía 2000, realizada no Museo de Belas Artes da Coruña do 6 de xuño ao 27 de xullo de 2008.
Texto paralelo en castelán e inglés
Recóllese o contido dos paneis da exposición, facendo un percorrido pola historia de Galicia ata a actualidade dun xeito gráfico e atractivo. Editado soamente en galego.