Publicacións
Catálogo da exposición "Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane", celebrada no museo do 28 de novembro de 2019 ao 20 de setembro de 2020, con motivo da dedicatoria do Día das Artes Galegas 2019 á figura de Luís Seoane. É un catálogo razoado que recolle as fichas de inventario e as fotografías da colección íntegra da obra gráfica e pictórica do polifacético autor coruñés, procedente do importante legado efectuado no seu día á citada institución por Maruxa Seoane, viúva do pintor.
Catálogo da exposición "Pinceladas ocultas", celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña entre os meses de setembro e decembro de 2019.
A exposición amosa o proceso de restauración da obra Arrepentimento de san Pedro, de Francisco Collantes.
Boletín científico do Museo de Belas Artes da Coruña. Monográfico dedicado ao Museo no que se recompila a historia e as actividades realizadas entre os anos 1995-2018.
Catálogo da mostra antolóxica sobre o pintor lalinense Alfonso Sucasas (Goiás, Lalín, 1940 - Ferreirós, Vila de Cruces, 2012), celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 1 de decembro de 2017 ao 1 de abril de 2018. No estudo, a través dun centenar de obras, entre óleos e debuxos, realízase un percorrido exhaustivo pola obra realizada entre o ano 1957, data á cal pertence o seu primeiro autorretrato, e o ano 2010.
Catálogo da intervención de Roberto González Fernández no Museo de Belas Artes da Coruña, do 12 de maio ao 30 de setembro de 2017.
Catálogo dos gravados do gran mestre aragonés que figuran na colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Catálogo da exposición organizada polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía sobre a traxectoria de Gerardo Rueda, expresada a través de colaxes. Abrangue a súa produción neste eido desde os seus comezos, nos anos cincuenta, ata os primeiros noventa do século pasado.
Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
O catálogo da exposición organizada en 1992 polo Museo de Belas Artes da Coruña, comisariada por Beatriz Martínez-Barbeito Manovel, é o resultado dun proxecto de investigación e reivindicación desde o museo sobre a figura e a obra deste paisaxista galego do século XIX. Partindo da colección de acuarelas que custodia o museo, expóñense máis de cen pezas na súa maioría acuarelas, pero tamén óleos e litografías do pintor nos cales plasma paisaxes das súas viaxes pola xeografía española.
Catálogo correspondente á exposición conmemorativa da entrega da doazón de 93 obras de arte por dona Carolina González Abad, no seu nome e no do seu marido, don Manuel Santiago Blanco, a favor da Xunta de Galicia, para a súa exposición, estudo e custodia no Museo de Belas Artes da Coruña.