Publicacións

Catálogo da mostra dedicada a Isaac Díaz Pardo polo Día das Artes Galegas 2025. Celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 19 de xuño ao 14 de decembro de 2025.

25,00€

Catálogo da exposición 'ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO (1849-2024). 23+1', celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 6 de novembro de 2024 ata o 23 de febreiro de 2025, e prorrogada ata o 27 de abril de 2025.

25,00€

Catálogo da exposición 'Tomás Barros. A doazón' celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 2 de maio ao 15 de setembro de 2024. 

No catálogo preséntase a doazón á Xunta de Galicia de 22 obras de Tomás Barros Pardo (1922-1986) realizada en 2017 polos seus fillos Araceli e Tomás Barros Cao, con destino ao Museo e Belas Artes da Coruña a través da Dirección Xeral de Cultura.

10,00€

Catálogo da exposición 'Doazóns 2025-2023' celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 30 de maio ao 15 de setembro de 2024. 

25,00€

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición "Viaxar para pintar.

22,00€

O Museo de Belas Artes da Coruña publica o catálogo da exposición "Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro", que promoveu a Xunta de Galicia co motivo do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso o 8 de abril de 2023, e no marco da Celebración Picasso 1973-2023 organizada conxuntamente polo Estado español e o Estado francés nos principais museos das cidades picassianas,

60,00€

Catálogo da mostra After The Whale, un diálogo co museo.

45,00€

O Museo de Belas Artes da Coruña publica a súa guía, estruturada de forma cronolóxica e temática a través dunha selección de 280 pezas das seccións de pintura, escultura, debuxo, gravado, artes decorativas, cerámica, numismática e fotografía, e facendo un especial fincapé na arte galega.

27,00€

Catálogo da exposición antolóxica dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 18 de novembro de 2021 ao 27 de febreiro de 2022, prorrogada ata o 3 de abril de 2022.

Catálogo da exposición " Vestir Épocas 1860-1960. Colección Ana González-Moro" celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 28 de outubro de 2020 ao 30 de maio de 2021.