
Día Internacional dos Museos 2022
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos cunha programación especial que inclúe xornada de portas abertas, obradoiros para familias e visitas á colección permanente.
Mércores 18 de Maio 2022
Visitas musicadas co Proxecto Pesquedellas
18:00 e 19:30h
Recorrido polo museo no que, a partir dalgúns cadros se contarán e cantarán as músicas que acompañaron aos galegos e galegas de antano. Na visita falarase sobre os cantares do ciclo da vida e do ciclo do ano, da reputación dos diferentes músicos tradicionais e de como a música popular sobreviviu a pesar da distancia, do paso do tempo e das modas.
Sábado 21 de Maio 2022
Obradoiros en familia: Nas nosas mans
12:00 e 17:30h. Inscripción previa.
A partires da colección do museo, farase fincapé no poder transformador que teñen os museos para tratar o tema da sostenibilidade, imaxinando realidades distintas, mellores, para un futuro que está nas nosas mans.
Visitas musicadas co Proxecto Pesquedellas
18:30 e 20:00h
Soul no Museo con Carla Green & The Demons
21:30h
A noite dos museos rematará, co horario ampliado ata ás 23:00, co concerto de Carla Green & The Demons. Grupo compostelán formado en 2017 que traerá ao museo o mellor soul dos anos 60 e 70.