Día Internacional dos Museos 2024
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos cunha programación especial que inclúe xornada de portas abertas con apertura extraordinaria ata as 23:30h, visitas guiadas á exposición Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens, obradoiros familiares e concerto de rock no museo.
Actividades
Visitas guiadas á exposición Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens.
Horario: 12:30 h e 18:30 h.
Exposición interactiva polas estancias da desaparecida Torre de la Parada, antigo pavillón de caza do rei Felipe IV, decorado cun proxecto pictórico no que participaron, entre outros, Peter Paul Rubens. O Museo conserva dous bosquexos da súa serie de pinturas mitolóxicas.
Inscrición previa aquí.
Obradoiros familiares Tecer recursos
Horario: 12:00 e 17:30 h.
Público: Nenos e nenas de 6 a 10 anos acompañados dun adulto
Obradoiro pensado para público familiar no que a educadora conducirá aos grupos por distintos espazos do museo, interactuando con pezas sobre as que realizar unha actividade final.
Tendo presente o lema e os obxectivos deste ano para a celebración do Día Internacional dos Museos, investigaremos a colección, descubrindo obras coas que valorar e protexer as materias primas para así promover unha industrialización inclusiva e sostible. Finalmente, converterémonos en produtores e produtoras, poñendo en práctica o aprendido sobre un bastidor.
Inscrición previa aquí
Rock no museo con Mad Martin Trio
Horario: 21:30 horas
Entrada libre ata completar aforo do salón de actos do Museo
Actividades con inscrición:
- Todas as actividades son de balde previa inscrición a partir do luns 13 de maio ás 10:00 h
- A inscrición realizarase mediante formulario web da actividade correspondente.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| dim_actividades_2024.pdf | 1.71 MB |