EXPOSICIÓN PRORROGADA

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a ampliación do período expositivo da mostra “Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia”, organizada en colaboración co Museo Sorolla e a Fundación Museo Sorolla.

 

A exposición inaugurouse o pasado 23 de novembro de 2023 cunha data prevista de finalización do 10 de marzo de 2024, mais debido ao éxito e á boa acollida por parte do público visitante, con máis de 16.700 visitantes ata o momento, a dirección do Museo de Belas Artes da Coruña acordou xunto co Museo Sorolla prorrogar a mostra un mes máis, polo que permanecerá aberta ao público ata o próximo 7 de abril de 2024.

Así mesmo, o Museo de Belas Artes da Coruña continuará a ofrecer as visitas guiadas para o público en xeral que teñen lugar os venres ás 18:30 horas e os sábados ás 18:00 horas. A derradeira das visitas será o sábado 6 de abril de 2024.

 

Documentos: