PRESENTACIÓN DOS CATÁLOGOS

Catálogos das exposicións "Tomás Barros. Doazón" e "Doazóns. 2015 - 2023".
LUGAR: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
DATA: Venres, 13 de setembro de 2024
HORA: 11:30h

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta os catálogos das exposicións "Tomás Barros. Doazón" e "Doazóns. 2015 - 2023".

Os catálogos

  • Doazóns 2015-2023 recopila as importantes doazóns de iniciativa particular que tiveron lugar nos últimos 8 anos e trata de resaltar a xenerosidade das 16 persoas doantes que achegan á colección do Museo un total de 100 obras de artistas galegos do século XX (excepto dúas obras do século XVII), entre pinturas, debuxos, gravados, escultura e artes decorativas. Máis información aquí
  • Tomás Barros. A doazónrecolle a doazón á Xunta de Galicia de 22 obras de Tomás Barros Pardo (1922-1986) realizada en 2017 polos seus fillos Araceli e Tomás Barros Cao, con destino ao Museo e Belas Artes da Coruña a través da Dirección Xeral de Cultura. Máis información aquí

O acto contará coa presencia do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque.

Documentos: