VISITAS ESCOLARES CURSO 2022-2023

Inicio da inscrición para as visitas escolares durante o curso 2022-2023.

VISITAS ESCOLARES

INICIO DA INSCRICIÓN PARA O CURSO 2022-2023

Agardando por vós!

 

Como cada ano, coa chegada do novo curso, presentámosvos a NOVA PROGRAMACIÓN das visitas didácticas ao Museo de Belas Artes da Coruña. De carácter gratuíto, terán lugar entre o 4 de outubro de 2022 e o 21 de xuño de 2023. De martes a venres vos recibiremos en dúas quendas horarias: ás 10:00h e ás 11:30h.

Todas as visitas son dinámicas e participativas, poñendo ao alumnado no centro. Queremos que o proceso de aprendizaxe sexa importante pero especialmente queremos crear unha experiencia significativa a repetir.

Abertos a outras propostas, podedes consultar as visitas deseñadas para este curso nos seguintes enlaces:

- Educación Infantil:

 https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/educacion/visitas/124

 - Educación Primaria:

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/educacion/visitas/125 

- Educación Secundaria e Bacharelato:

 https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/educacion/visitas/126 

 

Para organizar a vosa visita ou realizar algún proxecto escolar de carácter máis específico, podedes poñervos en contacto connosco a través das seguintes canles:

· Teléfono: 881 881 700
· Correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

 

Departamento de Difusión

Museo de Belas Artes da Coruña 
Zalaeta, 2 - 15002 A Coruña
T 881 881 700  F 881 881 701

http://museobelasartescoruna.xunta.es

Síguenos en Facebook, TwitterInstagram,  YouTube  belasartesnacasa.com