A obra de Alejandro González Pascual

Ao longo da produción artística de Alejandro González Pascual, pode seguirse unha evolución que vai desde a representación dun mundo exterior con paisaxes montañosas, ata mergullarse nunha esfera do interior, en domésticos bodegóns; pasando polo microcosmos dos bosques. Todo iso cunha proxección  lumínica que vai mudando dun tenebrismo inicial cara a unha ampla luminosidade. 

Tras unha primeira etapa de formación na que se mostra aberto ás tendencias europeas, tomando referencias e conexións con outros artistas; a partir de 1960 comeza unha evolución individual e independente, entrando de cheo na súa madurez artística, na que poden recoñecerse diferentes temáticas que aborda cunha certa reiteración. 

A temática principal deste período, completamente protagonista, é a paisaxe, especialmente a paisaxe de Galicia. González Pascual representa a paisaxe galega afastándose do costumismo anterior, sen engadirlle tipos populares, nin figuración, e achegándose a el cada vez máis de preto, desde as vistas de bosques ata as raíces, pasando polas árbores e as toradas. Unha natureza que dará paso a outros xéneros, cos que experimentará para a súa propia aprendizaxe.

 

Primero fue el paisaje lejano, bajo en tonos, y teniendo casi que adivinar las formas; luego aparecieron los árboles. Después, esos árboles fueron decapitados, y más tarde se convirtieron en masas de troncos, luego me los llevé a casa y se convirtieron en bodegones. Ahora se podría calificar de doméstica, porque mis temas están tomados de la realidad cotidiana. Un vaso, una cesta, un paño, una manzana… me apasionan las manzanas…

(Declaración a B. R. S. La Voz de Galicia, edición de Vigo, 8-11-1992)

 A NATUREZA

NATUREZA

O BODEGÓN

BODEGÓN

O RETRATO

recorte retrato

 

O ESTUDO

ESTUDO