Actividades

obradoiros
de martes a venres, marzo- xuño e outubro-decembro - de 10:30 a 14:00h
Museo de Belas Artes

GOYA: RETRATOS E EXPRESIÓNSDestinado a alumnos de 4º curso da ESO, e previa cita co centro escolar, o obradoiro constituirá un complemento ideal para enriquecer a comprensión e o coñecemento das series dos gravados de Goya, como unha forma de combinar a teoría coa práctica, facendo así moito máis amena e orixinal a relación dos estudiantes co museo e as súas coleccións.

obradoiros
Sábados do 16 de novembro ao 21 de decembro - 10:30 a 14:00 h
Museo de Belas Artes

GRAVADO Á AUGAFORTE CON MORDENTE DE BURDEOS

Obradoiro dirixido a alumnos con experiencia, no que se afondará na práctica das diferentes modalidades de gravado, en concreto a técnica da augaforte con mordente de Burdeos.

Monitora: Anne Heyvaert (Pintora e gravadora. Facultade de Belas Artes de Pontevedra)

Datas: Sábados, desde o 16 de novembro ao 21 de decembro

Horario:de 10:30 a 14.00h

RESERVA DE PRAZA :

obradoiros
Sábados, do 9 de novembro ao 28 de decembro 2013 - De 11:30 a 14:00 h
Museo de Belas Artes

ARTISTAS NO MUSEO

XURXO GÓMEZ CHAO

Datas: Sábados, do 9 de novembro ao 28 de decembro de 2013 (*novas datas)

Horario: Sábados de 11:30 a 14:00

Matrícula: 30,00 € (Amigos do Museo: 25,00 €; Estudantes: 10,00€)*

obradoiros
Sábados , do 5 de outubro ao 30 de novembro - das 11:00 as 12:00 h (6 e 7 anos); de 12:30 ás 13:30 h (4 e 5 anos)
Museo de Belas Artes

OS SONS DA ARTE. OBRADOIROS DE MÚSICA E PINTURA

Contido: Cada obradoiro estará integrado por actividades lúdicas que versarán sobre aspectos como a representación da pintura mediante o movemento musical, a realización de historias sonoras baixo unha imaxe guiada basada nunhas determinadas pinturas, e o establecemento do paralelismo entre o ritmo musical e o ritmo pictórico, así como entre as cores e os sons. Todo iso farase co uso da voz, o corpo, os instrumentos musicais e os obxectos sonoros, como medio de representación pictórico-musical

obradoiros
Sábados, do 5 de outubro ao 30 de novembro de 2013 - das 18:00 ás 19:30 h
Museo de Belas Artes

ANIMAIS NO MUSEO. OBRADOIRO PARA FAMILIAS

Contido: Dende hai miles de anos o ser humano ven facendo representacións gráficas e escultóricas de animais.Unhas veces trátase de animais reais e outras de invencións produto da imaxinación, sendo empregados a miúdo como símbolos. Nós, en familia, exploraremos algunhas das obras do Museo na procura deses animais, reais ou imaxinarios, para descubrir por que están alí. Despois, no espazo de cada obradoiro, deixaremos voar a imaxinación para facer as nosas propias representacións de seres fantásticos.

obradoiros
Xoves, do 24 de outubro ao 14 de novembro - de 17:30 a 19:30
Museo de Belas Artes

OBRADOIRO DE DOURADO

ORNAMENTACIÓN E POLICROMÍA DO PAN DE OURO E PAN DE PRATA

Neste obradoiro impartiranse todas as técnicas propias da policromía tradicional con ouro aplicada á escultura e ao relevo: imprimación, estucado,embolado, colocación do ouro, bruñido, vernizado, etc.Monitoras: Ángeles Galán e Ana CamiñasDatas: Xoves, do 24 de outubro ao 14 de novembroHorario: de 17:30 a 19:30 h

obradoiros
Sábados, do 5 de outubro ao 9 de novembro - de 10:30 a 14:00h
Foro do museo

LITOGRAFÍA SOBRE PRANCHA DE ALUMINIO

Obradoiro de gravado no que empregaremos a técnica litográfica sobre prancha de aluminio.

Monitor: Omar Kessel (pintor e gravador. Fundación CIEC de Betanzos)

Datas:Sábados, desde o 5 de outubro ao 9 de novembro

Horario: de 10:30 a 14.00h

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

obradoiros
Quendas semanais no mes de xullo 2013 - 10:30 a 13:30 h
Museo de Belas Artes da Coruña

ESTE VERÁN...VIVIMOS O ESPAZO

* ÁLBUM DE FOTOS DA ACTIVIDADE!

DESTINATARIOS

Rapacesde 6 a 12 anos 

obradoiros
Sábados, do 25 de maio ao 22 de xuño - de 10:30 a 14:00h
Foro do museo

Nos obradoiros desenvolveranse os seguintes contidos: soportes o matrices (DM, sintasol, contrachapado, etc.), instrumentos empregados (gubias, lixas, cepillos de arame, etc.), máquina de impresión (a prensa plana), a riqueza das texturas, vetas e roturas das distintas superficies, e o uso dunha ou máis tintas e de dúas ou máis matrices.SESIÓNS:Sábados, do 25 de maio ao 22 de xuño de 2013, de 10:30 a 14.00 h

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

obradoiros
18 de maio de 2013 - de 11:30 a 13:30, ou de 17:30 a 19:30 h.
Museo de Belas Artes

O museo da memoria