Actividades
Museo de Belas Artes da Coruña
Foro do museo
Nos obradoiros desenvolveranse os seguintes contidos: soportes o matrices (DM, sintasol, contrachapado, etc.), instrumentos empregados (gubias, lixas, cepillos de arame, etc.), máquina de impresión (a prensa plana), a riqueza das texturas, vetas e roturas das distintas superficies, e o uso dunha ou máis tintas e de dúas ou máis matrices.SESIÓNS:Sábados, do 25 de maio ao 22 de xuño de 2013, de 10:30 a 14.00 h
RESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
Museo de Belas Artes
O museo da memoria
Museo de Belas Artes
TRANSFORMARTE
Obradoiro de creación para nenos de 7 a 12 anos
Foro do museo
Obradoiro de introdución ao gravado xilográfico impartido polo artista Ali Ali, pintor e gravador. Fundación CIEC.
Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.
Matrícula reservada a novos alumnos.Prazas limitadas, con previa inscrición.
SESIÓNS DO OBRADOIRO:
Venres, do 12 de abril ao 3 de maio de 2013, de 16:30 a 20:00 h
RESERVA DE PRAZA : *Matrícula reservada a novos alumnos
. Desde esta web (premer aquí)
Foro do museo
GRAVADO AO AUGAFORTE CON MORDENTE DE BURDEOSAnne Heyvaert Pintora e gravadora. Facultade de Belas Artesde Pontevedra e Fundación CIEC de Betanzos
SESIÓNS DO OBRADOIRO:
Venres, 19 e 26 de outubro, 2, 16 e 23 de novembro de 2012, das 16:30 ás 20.00 hRESERVA DE PRAZA :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
Foro do museo
Durante séculos, as letras iluminadas, orlas e outros elementos ornamentais enriquecidos con ouro e cores brillantes utilizáronse para obter un espectacular efecto nos manuscritos. Usando o pergamiño como soporte, e ouro fino e o temple, o alumno coñecerá a técnica da iluminación.
Impartido por Ángeles Galán e Ana Camiñas.
Organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña.
SESIÓNES DO OBRADOIRO :
Martes, 6, 13, 20 e 27 de novembro de 2012
Salas do museo
Escapar dun labirinto, voar coma paxaros, ver a Hércules conducir un carro de cabalos polo ceo… son algunhas das imaxes que miraremos en familia no museo. Ao tempo coñeceremos sorprendentes historias sobre seres mitolóxicos que farán bulir a nosa imaxinación. Despois, no taller, deberemos acceder ao oráculo, seguir as súas insólitas proposicións e resolvelas a base de creatividade.
Prazas limitadas, con inscrición previa.
SESIÓNS DA ACTIVIDADE :
Cada sábado, do 14 de abril ao 16 de xuño de 2012, das 17.30 ás 19.00 h
Foro do museo
EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE GRAVADO
Obradoiro realizado a partir dunha exposición de 21 estampas gravadas polo pintor sirio Ali Ali para ilustrar un Libro de Artista que, en forma de conto, naceu inspirado nas historias de tradición oral da súa Siria natal, e ás que Francisco X. Fernández Naval deu forma literaria.
Museo de Belas Artes
Enchete de cor no Museo de Belas Artes!
Como cada ano, o Museo de Belas Artes organiza os obradoiros de verán no mes de xullo: Nesta ocasión presentamos unha actividade de verán para explorar as obras do Museo e promover a creatividade e a experimentación plástica. Mergullados nun mar de liñas, formas e cor gozaremos collendo o pincel, facendo trazos, enchendo de cor, xogando e divertíndonos.
Quendas: do 5 ao 8 de xullo, do 12 ao 15 de xullo, do 19 ao 22 de xullo ou do 26 ao 29 de xullo.
