Imaxe:

El Amor dormido

Autores/as:
Cronoloxía:
1636-1638

A figura de Cupido (deus do Amor), un mozo adolescente e plácidamente durmido, aparece representado como un ser alado, un dos seus atributos característicos desde a época clásica como corresponde á súa condición de divindade que se move entre os homes. Quellinus pintou esta escena, da que se conserva este fragmento que corresponde á parte central da composición, baseándose no deseño de Rubens que hoxe se custodia no Museo Bonnat de Bayona en Francia. Neste deseño orixinal, á beira de Cupido aparece a figura de Psique na parte dereita sostendo un candil, formando unha escena baseada na fábula de Amor e Psique que narrou o poeta Lucio Apuleyo do século II no Asno de Ouro: Venus, celosa da beleza de Psique, encargou ao seu fillo Cupido que lle inspirase amor polo home máis horrible que atopase, pero o propio deus namorouse dela e lévaa a un palacio onde a visita sempre de noite para non revelar a súa identidade. Xa que é unha mortal prohíbelle velo pero Psique, persuadida polas súas irmás que envexan a súa felicidade, unha noite colle unha lámpada e inclínase a miralo. Unha pinga de aceite quente que cae sobre o deus espértao e por desobedecer as súas ordes decide abandonala. Venus impoñeralle ademais unha serie de penosas tarefas. Quellinus colaborou con Rubens en España realizando varios cadros de tema mitológico para decorar a Torre da Parada en Madrid. Os lenzos realizáronse seguindo os bosquexos de Rubens que captou neles a intención moralizante das historias e as actitudes dos personaxes representados.

Folla técnica

Número de inventario:
6268
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1636-1638
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Masculina
Mitolóxica
Sala:
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (14/06/2011)
Medidas:
Con marco: Altura = 94,5 cm; Anchura = 114 cm; Profundidade = 6,5 cm
Lenzo: Altura = 81 cm; Anchura = 98 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro