Imaxe:
              
          Nos altos de Fuenfría (Serra de Guadarrama)
Folla técnica
Número de inventario:
              651
          Materia / Soporte:
          Lenzo
              Contexto cultural / Estilo:
              Realismo
          Cronoloxía:
              1891
          Clasificación:
          Pintura
              Procedencia:
              Depósito: Museo Nacional del Prado (12/05/1947)
          Historial:
              Depositado polo extinto Museo de Arte Moderna, por O.M. 29-04-1947
EXPOSICIÓNS:
Ano 1970. Exposición de Arte español. Museo Nacional de Tokyo. Maio-Novembro. Pasa logo ó Museo Municipal de Kyoto
Ano 1990. Tres mestres da paisaxe decimonónica española. Concello de Madrid. Sede: Centro cultural Conde Duque. Madrid, 16 outubro - novembro.
Ano 1998. Madrid e a Serra do Guadarrama. Concello de Madrid. Sede: Museo Municipal. Madrid. 26 marzo - 30 maio.
Medidas:
          Lenzo: Altura = 49,8 cm; Anchura = 80 cm
          Con marco: Altura = 80 cm; Anchura = 110,5 cm; Profundidade = 12,5 cm
              Técnica:
          Pintura ao óleo
              Obxecto:
              Cadro
          
Nesta paisaxe de Beruete están presentes os ensinos do seu mestre Carlos de Haes a quen acompaña nas súas saídas para pintar ao aire libre e capturar de modo inmediato a paisaxe e a luz do instante. Isto proporciona un maior realismo ademais de supoñer unha nova forma, sincera e directa, de interpretar a natureza e en particular a paisaxe serrana.
En 1878 en París coñece a Martín Rico que vai influír o seu estilo e introducirlle no círculo de pintores plenairistas da Escola de Barbizón. Igualmente coñece as directrices da Institución Libre de Ensino capitaneada por Giner de los Rios. Participa e imprégnase da súa conceptualización e dunha renovación interpretativa máis ampla da paisaxe e da natureza. Hai unha superación da simple visión descritiva para compendiar valores estéticos, éticos ou científicos e de investigación que contemplen os accidentes xeográficos a xeoloxía ou a botánica presentes na paisaxe.
Todos eses coñecementos están presentes nesta obra -Nos altos de Fuenfría-, retrinco de paraxe serrana onde capta con asombroso naturalismo realista a variedade de compoñentes que caracterizan dita xeografía. Presenta un desordenado pedregal e os seus roquedos, os piñeirais cuxa figura lembra os realizados por Martín Rico en obras como -"Estudo do Guadarrama" ou "Unha paisaxe do Guadarrama", as súas ramas erizantes e crebadas son capaces de facernos intuír nun día de plenitude luminosa o trato adverso a que lles somete o vento. Beruete segue a senda de Carlos de Haes e da Escola de Barbizón e recorre á presenza de animais para amansar a abrupta paraxe coa súa apracible aparencia e tamén capturar unha instantánea do animal para acentuar a sensación de natural sinceridade. Igualmente nese afán por capturar a integridade de recursos paisaxísticos e plasmala con esa verdade que transcende o descritivo para achegarse a definir a personalidade dunha orografía concreta, é capaz de expresar a sensación de aridez a través da cor da terra, a ausencia de pastos ou a incidencia da luz solar sobre o pedregal.
Beruete foi un dos pioneiros na procura pictórica de paraxes e recunchos paisaxísticos na serra do Guadarrama e mostralos baixo esa perspectiva diversificadora e de revalorización. Representalos mediante esa visión innovadora directa e fiel iniciada a mediados de século por Martín Rico e Haes e desenvolvida especialmente desde os anos 90 por pintores naturalistas como Beruete, Morera ou Sorolla.