Territorios
Territorio - Entorno - Memoria - Tradición - Cultura local - Investigación - Proceso creativo - Rexistro - Fontes documentais - Arquivo - Patrimonio material e inmaterial - Patrimonio subxectivo - Intrahistoria - Transversalidade - Identidade - Ecoloxía - Igualdade
Para Quen?
- Centros escolares de toda Galicia
- Alumnado de primaria (3º, 4º, 5º, 6º) e Secundaria (ESO)
- Preferentemente centros rurais ou periféricos
Descrición do proxecto
O territorio como un espazo físico pero tamén afectivo e biográfico. Esta é a idea sobre a que o alumnado reflexionará ao longo deste proxecto, realizando para iso diferentes actividades coas que descubrir parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Partindo de obras onde se trata directa ou indirectamente o concepto de territorio, plantexamos unha serie de exercicios nos que, a través dun corpo teórico, xeramos unha investigación propia sobre a contorna de cada centro ou alumno/a. Unha vez realizada, comezaremos un proceso creativo co que plasmar esa información nunha reinterpretación da peza, empregando para a súa creación metodoloxías propias da arte contemporánea.
Durante este proxecto traballaremos dun xeito transversal aspectos das ciencias socias e naturais, as artes plásticas ou a música, e aínda que o resultado final sexa importante, primarase en todo momento o proceso creativo.
Descarga a presentación completa do proxecto a continuación ↓
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| territorios.pdf | 2.05 MB |