Facendo camiños
A historia da humanidade é, en gran medida, unha historia de camiños. Camiños percorridos por elección ou por necesidade, con esperanza ou con medo, para conquistar, para fuxir, para buscar oportunidades ou simplemente para descubrir o mundo.
Esta proposta percorre o movemento humano ao longo da historia a través das obras do museo, introducindo distintos tipos de desprazamentos: a romanización, os conflitos bélicos, as viaxes institucionais da monarquía, o nacemento do turismo moderno, a emigración e o exilio. Cada obra convértese nun testemuño de como os intercambios culturais e os cambios sociais están profundamente ligados aos movementos humanos.
Unha mirada crítica e empática ao concepto de fronteira, pertenza e tránsito, con actividades que invitan a observar, cuestionar e dialogar.