
A Biblioteca do Museo de Belas Artes
Fondos bibliográficos e coleccións
O fondo bibliográfico e as coleccións da biblioteca inclúen obras de referencia, monografías e catálogos de arte, publicacións periódicas nacionais e internacionais, catálogos de poxas e materiais especiais.
A biblioteca conta tamén cunha pequena colección de fondo antigo, que atesoura exemplares desde o século XVI ata os anos 50 do século XX, gardados en condicións adecuadas para garantir a súa conservación.
As áreas temáticas que comprende a biblioteca son, entre outras, historia da arte galego, español e universal, teoría da arte, técnicas artísticas, restauración e conservación, movementos artísticos, disciplinas artísticas (arquitectura, escultura, debuxo, pintura, artes decorativas, deseño, artes gráficas, fotografía, cinema, etc.), patrimonio cultural, lexislación cultural, museoloxía, historia e outras materias afíns.
As coleccións vanse ampliando ano a ano coa adquisición das publicacións máis significativas que se lanzan no eido das artes (especialmente da arte galega). Destaca a importancia da política de intercambio de catálogos de exposicións e outras publicacións con outros museos e institucións culturais españolas e estranxeiras que editen obras de contidos semellantes, e que contribúen dunha maneira fundamental ao incremento do fondo bibliográfico.
Coleccións
Colección Picasso - Doazón Peter L. Farer
Componse dun total de 303 publicacións dos séculos XX e XXI, en distintos idiomas (inglés, francés, alemán, español…). Inclúe catálogos de exposicións de museos europeos e americanos, ademais de literatura básica de investigadores internacionais de Picasso, biografías, publicacións periódicas e outras aportacións.
Consulta aquí o listado de publicacións.
Colección Doazón César Antonio Molina
Inclúe 99 publicacións relacionadas coa arte e o patrimonio cultural, doadas polo escritor, profesor universitario e político español, nado en A Coruña.
Consulta aquí o listado de publicacións.
Colección Doazón Pedro Vasco Conde
Doazón de parte da colección privada de Pedro Vasco Conde, presidente da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña. Inclúe fondo multidisciplinar, destacando monografías de arte, catálogos de exposicións, manuais, folletos y publicacións periódicas.
Consulta aquí o listado de publicacións.
Colección Doazón Familia Vilas Durán
Doazón bibliográfica da Familia Vilas Durán. Inclúe destacadas publicacións relacionadas con arte, españolas e estranxeiras, editadas ao longo de todo o século XX.
Consulta aquí o listado de publicacións.