A Biblioteca do Museo de Belas Artes

Servizos a institucións

Préstamo interbibliotecario a institucións   

Desde a biblioteca realízanse e aténdense peticións de préstamo interbibiotecario doutras bibliotecas e institucións para cubrir as necesidades dos seus usuarios.

As peticións poden realizarse a través do correo electrónico mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal, ou por teléfono (881881700), achegando os datos bibliográficos necesarios para a identificación dos documentos.

Condicións do servizo de préstamo interbibliotecario a institucións:

  • A obra non deberá saír da biblioteca que a recibe, é dicir, non se deixará en préstamo a domicilio, e a biblioteca receptora será en todo momento responsable do seu coidado e devolución en perfecto estado.
  • O tempo máximo de préstamo é de 15 días contados desde a recepción da obra. Poderase solicitar unha prórroga da mesma duración sempre que non expirase o prazo de préstamo.
  • Como máximo, prestaranse tres exemplares por cada solicitude.
  • Acompañando as obras solcitadas, enviaráselles unha ficha coas condicións do préstamo, para devolver asinada e selada polo responsable da biblioteca receptora.
  • Pola nosa banda os envíos realizaranse por medio de empresa de mensaxería, por tanto requírese similar forma de devolución ou outra que garanta en todo momento o estado físico do material prestado.
  •  A reproducción dos documentos solicitados a través deste servizo respectarán os límites establecidos na Lei de Propiedade Intelectual . Poderán utilizarse unicamente para uso privado, docente ou de investigación e a súa reprografía e o uso das reproducións aterase á lexislación vixente.

A Biblioteca do Museo de Belas Artes non se fai responsable do uso que poida darse ás reproducións que contraveñan os dereitos protexidos pola Lei.

 

Intercambio de publicacións 

O intercambio de publicacións con outras bibliotecas e institucións é un medio fundamental de ingreso de fondos na biblioteca.

A biblioteca mantén un programa regular de intercambio de publicacións con máis de 150 bibliotecas e institucións nacionais e internacionais relacionadas, que inclúe as publicacións propias do Museo e en ocasións, listaxes de títulos duplicados.

Aquelas institucións interesadas poden consultar as publicacións do museo aquí e na listaxe dispoñible ao fondo desta páxina

Peticións : mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal