A Biblioteca do Museo de Belas Artes
Novas na biblioteca
LecturArte: Club de lectura da Biblioteca do Museo
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a cuarta edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Coordina: Cecilia Monllor
Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte.
Quendas:
Grupo Mañá: Martes, 10 marzo, 14 abril, 12 maio, 9 xuño de 2026 de 11:00 a 13:00 horas
Grupo Tarde: Mércores, 18 marzo, 22 abril, 20 maio, 17 xuño de 2026 de 18:00 a 20:00 horas
Máis información e inscrición en LecturArte

LecturArte: Club de lectura da Biblioteca do Museo
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a terceira edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Coordina: Cecilia Monllor
Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte.
Quendas:
Grupo Mañá: Martes, 16 setembro, 7 outubro, 11 novembro, 9 decembro de 2025 de 11:00 a 13:00 horas
Grupo Tarde: Mércores, 24 setembro, 15 outubro, 19 novembro, 17 decembro de 2025 de 18:00 a 20:00 horas
Máis información e inscrición en LecturArte

Actividades polo Día do Libro 2025
O día 23 de abril celébrase o "Día Internacional do Libro", e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:
Visita guiada á biblioteca
O vindeiro mércores 23 de abril realizaráse unha visita guiada á biblioteca do museo, na que se explicará a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións.
Data: 23 de abril
Horario: 18:30 horas
Inscrición: Toda a información sobre a inscrición e o formulario de reserva de praza aquí: Visita guiada á Biblioteca do Museo
Exposición bibliográfica sobre arquitectura
Como complemento á exposición temporal Arquitecturas que falan do seu tempo, presente nas salas do Museo, na sala de lectura da biblioteca realizamos unha mostra cunha selección de bibliografía sobre "Arquitecturas e arquitectos que falan do seu tempo".
Tedes dispoñibles os títulos na sala de lectura e neste enlace
Selección bibliográfica "A moda decimonónica"
O pasado martes 3 de abril deu comezo no museo o curso "Os temas da arte: Tirando do fío (II). A arte e a moda: a moda decimonónica". Desde a biblioteca preparamos o acceso a bibliografía especializada no tema.
Máis información neste enlace
Bookcrossing no Museo de Belas Artes da Coruña
Datas: do 23 ao 30 de abril de 2024
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará na tradicional actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por case 50 centros de arte e museos de toda España.
- Bookcrossing presencial: Habilitarase un espazo na entrada do Museo, onde as persoas interesadas, no horario de apertura do Museo, poderán consultar e recoller as publicacións, que estarán rexistradas en www.bookcrossing-spain.com.
- Bookcrossing virtual: cada biblioteca compartirá en liña un libro, nun vídeo colaborativo.
LecturArte: Club de lectura da Biblioteca do Museo
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a segunda edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Coordina: Cecilia Monllor
Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte. Sen límite de idade
Quendas:
Grupo Tarde: Mércores 12 de marzo, 9 de abril, 14 de maio, 11 de xuño de 2025, de 18:00h a 20:00h
Grupo Mañá: Martes, 18 de marzo, 22 de abril, 20 de maio, 17 de xuño de 2025, de 18:00h a 20:00h
Máis información e inscrición en LecturArte

Visita guiada polo Día das Bibliotecas 2024
Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, desde a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organízase unha visita guiada pola sala de lectura.
Data: 24 de outubro
Horario: 19:00 horas
Inscrición: aquelas persoas interesadas deben reservar a súa praza A inscrición ábrese o martes 22 ás 10:00 horas.

LecturArte: Club de lectura da Biblioteca do Museo
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta LecturArte, o primeiro club de lectura organizado desde o museo, en colaboración coa Asociación de Amigos.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Coordina: Cecilia Monllor
Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte. Sen límite de idade
Grupo 1: Mércores 18 de setembro, 9 de outubro, 13 de novembro e 11 de decembro de 2024, de 18:00 a 20:00h
NOVIDADE
Grupo 2: Martes 15 de outubro, 19 de novembro, 17 de decembro e 21 de xaneiro de 2025, de 11:00 a 13:00 horas
Máis información e inscrición en LecturArte

Actividades polo Día Internacional do Libro do ano 2024
O día 23 de abril celébrase o "Día Internacional do Libro", e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña.
Visita guiada á biblioteca
O vindeiro martes 23 de abril realizaráse unha visita guiada á biblioteca do museo, na que se explicará a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións.
Data: 23 de abril
Horario: 19:00 horas
Inscrición:
- Aquelas persoas interesadas deben reservar a súa praza enviando un e-mail cos seus datos persoais (Nome e apelidos) ao correo electrónico: actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
- A inscrición está limitada a 2 persoas por e-mail.
Exposición bibliográfica sobre Peter Paul Rubens
Como complemento á exposición temporal Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens. A exposición virtual, presente nas salas do Museo, dende a biblioteca realizamos unha mostra cunha selección de bibliografía sobre Peter Paul Rubens.
Pódense consultar os títulos seleccionados neste enlace.
Selección bibliográfica "O Modernismo"
O martes 23 de abril comeza no museo o curso "Os temas da arte: O Modernismo, un estilo para unha nova cidade". Desde a biblioteca preparamos o acceso a bibliografía especializada no tema.
Máis información neste enlace
Bookcrossing no Museo de Belas Artes da Coruña
Datas: do 23 ao 30 de abril de 2024
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará na tradicional actividade de Bookcrossing ou Campaña de liberación de libros preparada por case 50 centros de arte e museos de toda España.
- Bookcrossing presencial: Habilitarase un espazo na entrada do Museo, onde as persoas interesadas, no horario de apertura do Museo, poderán consultar e recoller as publicacións, que estarán rexistradas en www.bookcrossing-spain.com.
- Bookcrossing virtual: cada biblioteca compartirá en liña un libro, nun vídeo colaborativo.

Exposición temporal. "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia".
Con motivo da recente exposición temporal dedicada á relación de Sorolla con Galicia, a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha selección bibliográfica na que inclúe diversas publicacións sobre o artista que forman parte dos fondos bibliográficos.
Selección bibliográfica sobre Joaquín Sorolla

Visitas guiadas á Biblioteca do Museo. 24 de outubro 2023

Como cada ano, o día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión o lema "Tecendo comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de fortes lazos dentro das nosas comunidades. Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros, son tamén espazos de encontro e diálogo.
O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan as bibliotecas de todas as tipoloxías, incluídas as especializadas como a biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña, para facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación. Imaxinamos as bibliotecas como uns teares onde se ganduxan relacións e coñecementos, onde se anuda o sentido de pertenza.
"Tecendo comunidades" salienta esta importante función social das bibliotecas. Cada visita, cada lectura, cada conversación achega o seu fío único a este tecido comunitario.
Con esta intención, o pasado 24 de outubro realizáronse visitas guiadas pola sala de lectura da biblioteca do Museo.
Presentación da "Colección Picasso - Doazón Peter L. Farer". 11 de maio 2023

A doazón ofrecida por Peter L. Farer componse dun total de 303 publicacións dos séculos XX e XXI, en distintos idiomas (inglés, francés, alemán, español…). Inclúe catálogos de exposicións de museos europeos e americanos, así como literatura básica de investigadores internacionais de Picasso, biografías, publicacións periódicas e outras aportacións.
O 11 de maio de 2023, realízouse a presentación oficial da doazón nun acto institucional de entrega da colección á biblioteca. Contou coa presencia de Peter L. Farer, a súa esposa Gisela, Farer e o fillo de ambos Raoul Farer, acompañados do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Os fondos bibliográficos desta colección ocupan unha sección específica na sala da biblioteca do Museo, denominada Colección Picasso – Doazón Peter L. Farer, outorgando á biblioteca un grao máis alto de especialización na vida e obra de Pablo Picasso.
Máis información: Xénese da doazón
Exposición temporal
Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro.
Picasso na biblioteca do Museo
Publicación
Guía Museo de Belas Artes da Coruña. Galego (ed. 2022)