A Biblioteca do Museo de Belas Artes

Servizos ao público

Consulta en sala 

Servizo que permite a consulta dos fondos da biblioteca na sala de lectura a investigadores, especialistas e público en xeral interesado na súa temática, con solicitude previa.

Horario de atención: luns a venres de 9:30  a  14:30 h.

Contacto: mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal

Teléfono: 881881700

 

Información bibliográfica e referencia 

Atención das consultas realizadas por usuarios de diversas formas: correo electrónico (mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal), correo postal, vía telefónica (881881700), ou de modo presencial na biblioteca.

Realización de procuras bibliográficas e obtención de documentos

 

Reproducción de documentos 

A reprodución de documentos permítese, sempre respectando os límites da Lei de Propiedade Intelectual, e con fins de estudo ou investigación persoal, non para uso comercial.

Realízanse fotocopias do material consultado en sala e en determinados casos tamén se poderán enviar por correo postal ou correo electrónico.

Tras solicitar a súa autorización ao persoal da biblioteca, os usuarios poderán realizar fotografías coas súas propias cámaras e teléfonos móbiles, sempre con fins de estudo ou investigación.

Quedan exentos de reprodución os fondos anteriores a 1950 ou aqueles que polo seu estado de conservación, formato ou características se desaconselle, materiais especiais e outros documentos, sempre a criterio do persoal da biblioteca.

A Biblioteca non se fai responsable do uso que poida darse ás reproducións que contraveñan os dereitos protexidos pola Lei. 

 

Préstamo interbibliotecario a usuarios 

Con este servizo, se a biblioteca non dispón dun documento relacionado coas súas áreas temáticas, pode xestionar a súa procura e recepción por préstamo interbibliotecario entre outras bibliotecas. 

Así pois, aínda que a biblioteca é de consulta en sala, e non existe o préstamo a domicilio, sí se realizan peticións de préstamo interbibliotecario a outros centros para cubrir as necesidades dos usuarios.

Condicións do préstamo interbibliotecario para usuarios da biblioteca

A consulta das obras solicitadas realizarase na sala de consulta da biblioteca, respectando as condicións e o prazo establecidos polo centro prestatario. Os documentos non poden saír da biblioteca.

A biblioteca do Museo de Belas Artes ofrece este servizo de maneira gratuíta. No caso de que o centro prestatario cobre polo servizo, este custo deberá ser abonado en efectivo polo usuario antes de formalizar a petición.

Os documentos solicitados a través deste servizo respectarán os límites establecidos na Lei de Propiedade Intelectual . Poderán utilizarse unicamente para uso privado, docente ou de investigación e a súa reprografía e o uso das reproducións aterase á lexislación de propiedade intelectual vixente.

A Biblioteca do Museo de Belas Artes non se fai responsable do uso que poida darse ás reproducións que contraveñan os dereitos protexidos pola Lei.