
A Biblioteca do Museo de Belas Artes
Horarios e condicións de acceso
ACCESO E HORARIO
A biblioteca sitúase na primeira planta da parte esquerda do edificio do Museo, conta con acceso independente da entrada principal e con ascensor a disposición dos visitantes.
Horario de atención ao público : luns a venres de 9:30 h. a 14:30 h.
CONDICIÓNS DE ACCESO
O acceso á biblioteca é libre e gratuíto.
Poderán acceder aos fondos investigadores, especialistas e público en xeral interesados na súa temática, con solicitude previa por unha das seguintes modalidades :
Correo electrónico : mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal
Teléfono : 881881700
Á súa chegada á biblioteca, previa acreditación da súa identidade (presentación de DNI ou equivalente), cubrirán un breve impreso, no que se especificará a consulta ou investigación a realizar e os fondos que se desexa consultar.